
Ourense | O Concello informa de que, a partir de mañá, martes, 3 de marzo, entrará en funcionamento o novo sistema de videovixilancia e control de accesos ao Centro Histórico da cidade. Tras a instalación das 17 cámaras de lectura de matrículas, o dispositivo comezará a operar de forma efectiva para regular o tráfico e garantir a seguridade peonil na zona monumental.
Sancións: A partir de mañá, 3 de marzo, os vehículos que accedan á zona restrinxida sen a debida autorización serán detectados e sancionados automáticamente.
Obxectivo: Preservar a contorna histórica, reducir o fluxo de vehículos non autorizados e mellorar a mobilidade dos residentes e peóns.
Funcionamento: O sistema utiliza cámaras de alta definición que contrastan as matrículas en tempo real coa base de datos de vehículos autorizados.
O Concello de Ourense lembra aos veciños, comerciantes e usuarios con necesidades especiais que deben contar coa súa autorización en vigor para evitar multas. Aqueles que aínda non regularizasen a súa situación poden realizar os trámites correspondentes a través das canles municipais habituais. Con esta medida, o Concello reafirma o seu compromiso coa modernización da xestión do tráfico e a protección do patrimonio histórico de Ourense.




