O concello de A Cañiza informa sobre o COVID-19

A Cañiza | Debido á crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19, é de especial interese para esta Municipalidade que a súa veciñanza reciba información sobre a mesma actualizada e de xeito regular, xa que a situación de cambio permanente e excepcionalidade da crise, pode xerar informacións contradictorias en cuestión de días ou incluso horas.

A día de hoxe, 20 de abril de 2020, consultadas fontes oficiais e documentais, a Alcaldía do Concello da Cañiza fai saber:

PRIMEIRO: INFORMACIÓN SOBRE AS MASCARILLAS.
A Organización Mundial da Saúde advirte que as máscaras de algodón poden ser unha fonte potencial de infección xa que non son resistentes aos fluídos e por tanto poden reter a humidade e contaminarse. Ademais poden crear un falso sentido de seguridade e evitar a práctica das medidas que sí demostraron ser máis efectivas como o lavado de mans e o distanciamento físico.

Investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) redactaron un informe que recompila información sobre cómo se emite e transmite polo aire o virus SARS CoV- 2, causante da enfermidade COVID-19 e os requisitos que ha de ter unha máscara para ser efectiva que depende de tres factores: a eficiencia de filtración do material, o axuste do dispositivo ao rostro, e o obxectivo da filtración xa sexa filtrar a emisión de partículas ou filtrar partículas do aire ambiente inhalado por unha persoa sa.

Doutra banda, investigadores do Consello Xeral de Enfermería advirten que o uso de máscaras caseiras só está xustificado en caso de “desabastecemento extremo”. O coronavirus ten só 129 nanómetros de diámetro e cóase polas físgoas que deixa unha máscara caseira. Neste caso o Estado de Alarma prohibe sair á rúa con excepcións, tendo sempre precaución de manter a distancia adecuada e adoptar as medidas de hixiene correspondentes. Polo tanto, debido á obriga de gardar a corentena, a poboación non necesita obrigatoriamente sair con máscara.

Nas máscaras industriais existen varios graos de filtrado: FFP1, FFP2 e FFP3, sendo estas dúas últimas ás recomendadas polo Ministerio de Sanidade para os médicos nos seus protocolos para o coronavirus. É certo que se publicaron varios titoriais sobre cómo fabricar máscaras pero todas deben estar homologadas a través de Especificacións UNE, deben cumprir co Regulamento Europeo 2016/425 e en concreto a máscara cirúrxica debe cinguirse á Directiva 93/42/CEE. Para a máscara hixiénica (caseira) non se aplica ningún tipo de regulamentación pero non está homologada.

Tendo en conta a situación actual e sendo coñecedores de que se están fabricando artesanalmente máscaras de uso hixiénico, o Ministerio de Sanidade elaborou unha guía para dar recomendacións. Pero este tipo de máscaras non poden nin substitúen ás FFP1, FFP2 ou FFP3 nin tampouco a unha máscara cirúrxica. Non son capaces de garantir a protección que ofrecen estes produtos porque a materia prima utilizada debe ser un material filtrante adecuado, deben ser esterilizadas e unha vez utilizadas, deben refugarse.

As mascaras adquiridas polo Concello son do tipo FFP1 e están homologadas, como tamén o están as mascarillas enviadas polo Goberno de España e pola Xunta de Galicia, modelo tipo cirúrxico.
O Concello facilitou a todo o seu persoal as máscaras FFP1e cirúrxicas e aos traballadores dos establecementos e empresas que a día de hoxe poden manter abertos, as pantallas de protección doadas polo Centro Galego de Robótica Educativa con sede na Cañiza, que o solicitaron.

SEGUNDO: INFORMACIÓN SOBRE OS TESTS RÁPIDOS COVID 19
O Concello da Cañiza adoptou a decisión de adquirir e realizar tests rápido de COVID-19 as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e á Traballadora Social do Concello para garantir a seguridade sanitaria dos usuarios do servizo. Maiores de 70, 80 e 90 anos, por ser o colectivo máis vulnerable fronte a esta enfermidade. Os tests, homologados, procedentes da farmaceutica holandesa BIOZEK Medical, foron ofertados e realizados pola Mútua Municipal, Quirón Prevención, colaboradora coa Seguridade Social que se encarga da xestión das continxencias profesionais, incluida a asistencia sanitaria do Concello, ademáis doutros cometidos.

Unha vez realizadas as probas ás 14 traballadoras, os resultados foron informados polos servizos médicos da Mútua e inmediatamente se trasladou este informe ás autoridades sanitarias do SERGAS na Cañiza que ademáis forman parte do Comité Municipal de Seguimento do COVID-19 que se reúne todos os días no Concello ás 9h.

Estas probas permitiron detectar 1 positivo asintomático entre as traballadoras que xa está en cuarentena, evitando o contaxio aos usuarios do SAF e tamén ao resto da veciñanza.
Esta medida adoptada polo Concello foi excepcional e está xustificada amparándonos no deber de coidar e velar pola saúde dos nosos maiores.