O cine feminista de Galicia e Arxentina chega a Vigo

Co pioneiro ciclo “Cinema Mulleres” no Museo Marco
O ciclo “Cinema de Mulleres” realizarase no Museo Marco de Vigo do 11 ao 18 de decembro.

Vigo | O Museo Marco de Vigo acollerá os días 11 e 18 de decembro unha novidosa iniciativa impulsada pola Deputación para reivindicar o papel da muller na produción audiovisual.

Trátase de “Cinema Mulleres”, un ciclo de cinema feminista promovido pola institución en colaboración co Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo e co Museo Marco que pretende visibilizar, reflexionar e debater con perspectiva de xénero no cinema, vencellando dous contextos socioculturais tan diferentes como próximos: Galicia e Arxentina.  O ciclo será aberto á cidadanía que pode inscribirse xa no enderezo participa.cultura@depo.es.

“Cinema Mulleres” trátase dun “canto á sororidade “ que pretende construír coñecemento compartido e fomentar pensamento crítico sobre a desigualdade de xénero no cinema, reflexionando a partir da produción audiovisual galega e arxentina feita por mulleres. O ciclo arrancará o sábado 11 de decembro ás 17.30 horas coa proxección das curtametraxes “Xoves de comadres” (2020) da galega Noemí Chantada e “Sola en Purmamarca” (2014) da arxentina Carolina Zarzoso Paoloni.

Ao seu remate será a quenda da longametraxe “Mujeres de la mina” (2014) da tamén arxentina Loreley Unamuno e, a continuación, terá lugar un coloquio coas tres directoras que dialogarán de xeito participativo co público que se achegue ata o Marco. No caso do sábado, 18 de decembro, terá lugar a proxección da curtometraxe “Trabajadoras del transporte” (2020) da arxentina Verónica Pérez e da longametraxe “Nación” (2020) da galega Margarita Ledo. Tralo visionado das películas terá lugar novamente un coloquio coas directoras. Tanto na xornada do 11 de decembro como na do 18 tamén se poderán ver anuncios con perspectiva de xénero.

Galicia vive neste momento un momento doce en canto á produción audiovisual, en auxe e expansión, situándose como un dos focos da vangarda da creación cinematográfica a través do “Novo Cinema Galego”.

Tratase dun cinema contemporáneo, froito da hibridación, da mestizaxe cultural e do compromiso social que se está a converter, ademais, en altofalante das problemáticas e dos conflitos da sociedade sendo, a desigualdade de xénero, un dos elementos protagonistas.

Deste xeito, e a pesar da infrarrepresentación das mulleres no cinema, as directoras, produtoras, guionistas ou técnicas están a empregar esta disciplina artística como ferramenta de cambio social en prol da igualdade de xénero, contando as historias das mulleres, moitas veces censuradas, silenciadas e invisibilizadas.

Estas e outras moitas cuestións, serán protagonistas os días 11 e 18 de decembro no Marco das proxeccións que se poderán ver e dos coloquios abertos á participación da cidadanía.

11 de decembro
O ciclo arrancará o sábado 11 de decembro ás 17.30 horas coa proxección das curtametraxes “Xoves de comadres” (2020) da galega Noemí Chantada, e “Sola en Purmamarca” (2014), da arxentina Carolina Zarzoso Paoloni. Ao seu remate será a quenda da longametraxe “Mujeres de la mina” (2014), da tamén arxentina Loreley Unamuno. A continuación, terá lugar un coloquio coas tres directoras.

18 de decembro
No caso do sábado, 18 de decembro, terá lugar a proxección da curtometraxe “Trabajadoras del transporte” (2020), da arxentina Verónica Pérez e da longametraxe “Nación” (2020) da galega Margarita Ledo. Tralo visionado das películas terá lugar novamente un coloquio coas directoras.

Tanto na xornada do 11 de decembro como na do 18 tamén se poderán ver anuncios con perspectiva de xénero. Galicia vive neste momento un momento doce en canto á produción audiovisual, situándose como un dos focos da vangarda da creación cinematográfica a través do “Novo Cinema Galego”.