O Centro de Saúde aplica o protocolo de Triaxe ante o estado de alerta polo COVID-19

Ponteareas | A responsable de Coronavirus no centro de saúde de Ponteareas, Raquel Plana, pide a cidadanía comprensión e empatía co persoal sanitario que, baixo as medidas de seguridade sanitarias pertinentes, atende a todos e todas as pacientes posibles.

A responsable explica que o centro de saúde local está en pleno rendemento e que si se producen cambios nas citas é porque se está readaptando o servizo para dar prioridade ás urxencias e ao protocolo sanitario do COVID-19.

Netes intres o centro de saúde aplica o protocolo de Triaxe recibindo na porta do centro aos e ás pacientes para derivalos á zona do centro de saúde donde serán atendidos reducindo así a posibilidade de contaxios tanto entre pacientes como entre o propio persoal sanitario.

O centro de saúde pide á cidadanía que antes de desprazarse realicen unha chamada aos teléfonos 986 641 048 / 986 661 000 “pode ser que nese intre o servizo estea desbordado, os e as usuarias deberán ter paciencia e chamar ata que os atendan. Hai que evitar, na medida do posible, todos os desprazamentos e contactos e dar sempre prioirdade ás urxencias reais”.

Todos e todas os que consideren que teñen síntomas de coronavirus deben chamar ao 900 400 116/ 900 400 016.

Todos os e as pacientes que o persoal sanitario considere que poden ser atendidos/as por teléfono recibirán nestes días unha chamada do centro de saúde para atender aos síntomas, diagnosticar e prescribir as mediciñas.

Ademais, pide responsabilidade e colaboración “hai que evitar saídas innecesarias e actividades de risco porque o persoal sanitario debe centrar os seus esforzos en mitigar

o virus e cantas menos incidencias e patoloxías diversas teña que tratar máis poderán traballar en atallar a pandemia”.

“Debemos extremar as precaucións. Todos e todas debemos illarnos o máximo posible para que o número de contaxios sexa o menor posible”.

O centro de saúde informa que o persoal está atendendo con normalidade as curas domiciliarias pero que, chegado o caso, se tiveran que reducir as visitas para centrar os seus esforzos nas urxencias, pedirán a colaboración das familias para que coa debida formación e información as poidan realizar.

A traballadora social tamén continúa traballando aínda que coas visitas domiciliarias suspendidas, polo que aqueles informes que precisen desprazamento ao domicilio quedarán aprazados ata que non se levante o estado de alarma.