
Salvaterra de Miño | O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra ven de recibir dous importantes recoñecementos por parte da Xunta en materia de innovación educativa, da competencia lectora e da inclusión.
O centro foi galardoado no XI Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no marco do Plan LIA de Bibliotecas Escolares, polo proxecto titulado “Imos facer historia: aprendendo do pasado, comprendendo o presente e construíndo o futuro!”. Así mesmo, o centro foi distinguido pola Prácticas de Educación Inclusiva 2025.




