Ponteareas | Ante un público que deleitouse coa súa música, o célebre gaiteiro Carlos Núñez realizou este venres 5 de setembro no Castro da Troña unha nova parada da súa xira “Lugares Máxicos 2025” que coincidiu coa celebración das Festas de Setembro en Ponteareas.
O concerto, que contou co apoio da Deputación de Pontevedra, comprendeu un recital das novas producións musicais de Núñez enmarcadas no seu novo disco Celtic Sea, en colaboración coa compañía Brittany Ferries. O aforo do público calculouse en 700 persoas, algúns deles provenientes de diversas partes de Galicia, España e incluso países como Venezuela, Arxentina, Cuba, Brasil e EEUU.
A xira continuará no Mosteiro do Sobrado dos Monxes (A Coruña), lugar declarado Patrimonio da Humanidade da UNESCO este sábado 6 e na Praza do Mosteiro en Poio o domingo 7.