O Castelo de Vimianzo, protagonista do Arquivo da Deputación de Coruña

Foi elixido como Documento do mes de xullo

Deputación da Coruña | Nunha nova entrega do ‘Documento do mes’, o Arquivo da Deputación da Coruña dá a coñecer a orixe do Castelo de Vimianzo, así como o contexto do conflito irmandiño, co texto “Torres de Vimianzo. Martelos e lobos”.

Ao longo deste ano, o ente provincial difunde textos do seu Arquivo na súa páxina web co obxectivo de desvelar anécdotas e curiosidades históricas da provincia. Nesta ocasión dá continuidade ao documento do mes de xullo, que presenta unha síntese dos primeiros pasos e as posteriores idas e vidas da propiedade.

Neste documento achégasenos como no ano 1472 o arcebispo Alonso II de Fonseca recupera a fortaleza e ordena a reconstrución por forzados irmandiños derrotados, que é a obra que chega ata hoxe. Desde o ano 1996, cada primeiro sábado de xullo, a medianoite, celébrase a recorrente representación do asalto simbólico ao Castelo.

“Neste documento achégasenos como no ano 1472 o arcebispo Alonso II de Fonseca recupera a fortaleza e ordena a reconstrución por forzados irmandiños derrotados”

Outra vitoria efémera. López Sánchez de Moscoso recupéraa definitivamente no ano 1472 definitivamente, ata que catrocentos anos despois os lobos ceden paso aos Martelos nos escudos.

O Pleno da Deputación na sesión do 4 de abril de 1973 aproba a adquisición da fortaleza, e o proxecto de restauración é asinado por Carlos Fernández-Gago Varela no ano 1978.

Inaugúrase no ano 1993 e dende entón a histórica fortalea é un centro cultural vivo e dinámico.

O Arquivo provincial amosa agora os documentos, vídeos e citas que valen como fío condutor para coñecer un pouco máis dos que foron os propietarios do Castelo.

A través desta achega o ente provincial continúa visibilizando o traballo de dixitalización do Arquivo Provincial, de importante valor como parte do patrimonio cultural galego, fonte de información e memoria  das sociedades pasadas. As publicacións están comentadas pola historiadora e directora do Arquivo Provincial, Carmen Molina Taboada.

Ligazón ao ‘Documento do mes’ de xullo do Arquivo da Deputación da Coruña:
https://arquivo.dacoruna.gal/consulta-documentos