
Mondariz Balneario | O BNG rexistrou no Porriño unha moción para instar á Xunta a declarar ben de interese cultural (BIC) á Fonte de Troncoso, obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios, localizada no Concello de Mondariz Balneario, tomando en conta o seu elevado interese arquitectónico, histórico, etnográfico e industrial.
Os nacionalistas instaron ademais ao desbloqueo institucional, principalmente por parte da Xunta, para a rehabilitación e preservación do inmoble, esixindo así mesmo a execución efectiva dos 400.000€ comprometidos para ese fin e ante a recente publicación por parte do goberno estatal da nova convocatoria do Programa 2% Cultural.




