
Ourense | Leonardo Lemos, bispo de Ourense, recibiu e felicitou aos nenos e nenas premiados no concurso de arte infantil convocado na provincia. No concurso de debuxo da revista Comunidade, o primeiro premio e portada da mencionada revista de decembro foi para Julieta Dasilva Fernández, alumna de 5º de Primaria, do Colexio Carmelitas. Houbo tamén accésist para Gala Témez Losada, alumna de 3º de Primaria do Colexio Salesianos ; Isabella Caratar García de 1º de ESO de IES Otero Pedrayo así como para Naiara Mosquera Silva, da aula de Educación Especial do Colexio Carmelitas.
O prelado entregou os premios aos gañadores do concurso de fotos de beléns familiares, baixo o lema “Pon un belén na teu Nadal”. O primeiro gañador foi o neno, Adrián Salgado Gago, de dez anos e veciño da parroquia Santa María a Maior de Verín. Lucas Gómez Gómez, de nove anos, veciño da parroquia do Sagrado Corazón de Ourense e Breogán Medinaceli Carvalho, de cinco anos e veciño da parroquia de Santa María de Sobrado do Bispo, lograron as dúas mencións especiais como finalistas.
O Bispado pretende manter viva a tradición belenística premiando aos mellores traballos de debuxo sobre esta temática e aos mellores beléns familiares. “Fixestes unhas verdadeiras obras de arte, feitos con mestría”, díxolles o bispo. “Oxalá cada un de nós teñamos ese corazón e alma de neno para agradecer ao señor o ano pasado e que nos conceda este que estamos a estrear cheo de bens e de bondade”, engadiu Leonardo Lemos. O bispo desexou tamén que neste 2026 «”ágase realidade a paz no mundo e que os migrantes teñan en cada un de nós o rostro dese Jesús que se fai pequeno, porque a través de cousas pequenas, como nos demostran estes artistas, pódese facer algo moi fermoso para o ben de todos”, rematou. Na foro o bispo Leonardo Lemos cos estudantes premiados.




