O alcalde de Muiños reuniuse co director xeral de Turismo da Xunta de Galicia

Analizaron as posibilidades gastronómicas, deportivas e de natureza do Concello ourensán

Muíños | Plácido Álvarez, alcalde do concello ourensán de Muíños, visitou a Xosé Merelles Remy, director de Turismo de Galicia, en Santiago de Compostela.

Na xuntanza falaron de asuntos de interese para afondar nalgúns atractivos turísticos do Concello especialmente vinculados coa natureza, o turismo deportivo e gastronómico.

Púxose de manifesto a relevancia que están a ter festividades populares como as Festas do Galo Pica no Chan, a Festa do Becerro do Xurés e a Festa das Sopas do Burro Canso, así como a outras propostas consolidadas como o Festival Muiños Dance, que celebrará este ano a súa 16ª edición.

Tamén se afondou na oferta turística do concello, así como en recursos como o centro BTT ou o complexo turístico deportivo de O Corgo. Recursos que, como indicou Xosé Merelles, están a contribuír a ofrecer un destino turístico cada vez máis diversificado e distribuído polo territorio.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.