O alcalde de Monforte convidanos a prevaricar

Monforte de Lemos/PP | O que aconteceu o 16 de marzo foi que o alcalde de Monforte convocou un pleno extraordinario para someter a aprobación da Corporación unha cuestión que é manifestamente ilegal. Trae a pleno unha cuestión que non é competencia do pleno, senón que é competencia da Xunta de Goberno local. Podíao aprobar el co seu equipo de Goberno.
E por qué fai isto se normalmente non cumpre cos acordos plenarios e di que non ten por qué cumprilos? Agora somete a consideración algo que nin sequera nos corresponde a nós. Faino porque é consciente de que isto era unha ilegalidade, que mesmo podería ser constitutiva dun delito de prevaricación e aí sí que nos quere implicar a todos.

Isto revela a condición deste alcalde e ademais é grave porque é a segunda vez que o alcalde trae a pleno unha proposta que vai en contra dos intereses do Concello. A primeira foi o acordo que nos plantexaba con Aqualia e a segunda é esta.
Estamos ante un deses ‘mortos’ que quedan no caixón de Severino, unha venda dunhas parcelas que establecían unas obrigas que os compradores non cumpriron e que se establecía unha cláusula de reversión, é dicir, que se non cumprían tiñan que volver eses terreos ao Concello.

Evidentemente non cumpridas esas obrigas había que darle unha solución a esta situación. Nós xa advertimos disto e preguntamos no pleno no ano 2014, mesmo pedimos un informe de secretaría, pero non se quixo facer nada.

Este alcalde en ano e medio tampouco abordou esta cuestión, trátase de xestionar sen xestionar e por iso despois nos atopamos con estes problemas. Unha empresa que ten vontade de instalarse, unha empresa que pide unha solución, e o que se fai é darle unha solución a través dun acordo plenario que está no marco da ilegalidade.

Non se pode levar a pleno unha cuestión neses termos e nós pedímoslle ao alcalde que deixase ese asunto enriba da mesa, que busque outras fórmulas para darlle solución a esta empresa e ás outras que podan atoparse nesta situación e por tanto, cando teña algo que sexa legal que o plantexe. Pero entre tanto non se pode implicar á Corporación na comisión dun delito que era o que pretendía o alcalde.

Por Julia Rodríguez, portavoz do PP na Corporación de Monforte