“Nova Feira” da Cañiza se estreará o 17 de xullo

Para promover o comercio local

A Cañiza | Por acordo do Pleno de data 30 de setembro de 2021, aprobouse definitivamente a Ordenanza reguladora da venda ambulante do Concello da Cañiza, en vigor dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, número 234, do 2 de decembro de 2021.

No Capítulo III, Artigo 5 desta ordenanza, recóllese a localización e periodicidade das feiras que se van a celebrar na Cañiza, entre elas a denominada “Nova Feira”, que se establece os últimos e antepenúltimos domingos de cada mes, nas rúas Regueiro, Vilanova, Oriente, Carme, Antonio Facorro, Rosalía de Castro, Travesía do Mercado, Prazas de Arbo e Maior.

Para por en marcha esta Nova Feira, que inicia a súa andadura o 17 de xullo de 2022, é necesario realizar unha reorganización dos postos e co fin de desenvolver e fomentar esta actividade de venda ambulante como unha actividade alternativa turística, comercial, gastronómica e lúdica, que ten como obxectivo principal ofrecer a veciños e visitantes un motivo máis para visitar A Cañiza, ábrese o prazo para que o comerciantes que o desexen poidan solicitar a instalación do seu posto.

A este respecto o Concello respetará a concesión de emprazamentos dos vendedores ambulantes que no día de hoxe xa teñen presentada a correspondente petición.

As novas solicitudes poderanse presentar no rexistro do Concello da Cañiza, de xeito presencial ou telemático a través da sede electrónica dende o día 27 de xuño a partires das 12:00h ata o 1 de xullo á mesma hora.

Estes novos postos, situaranse nos ocos baleiros, nas áreas temáticas respectivas, segundo o especificado na solicitude, por rigorosa orde de entrada. Os postos de venda ambulante que non se encadren nalgunha das áreas establecidas, situaranse nas rúas xenéricas, tamén por rigorosa orde de entrada.