
Ponteareas | O Comité Organizador do Congreso (COC) do PP de Ponteareas vén de proclamar como válida a proposta de xunta local presentada pola única candidata á presidencia da agrupación local, a alcaldesa Nava Castro, que será sometida a votación da militancia no cónclave do próximo domingo, 2 de novembro.

O equipo rector do proceso congresual, presidido por Carlos Ojea, recibíu a documentación de mans da propia Nava Castro e, tras o seu exame nunha reunión mantida na sede do partido en Ponteareas, determinou o cumprimento dos requisitos por parte dos integrantes desta proposta de xunta local.
A candidatura presentada pola rexedora e aspirante á presidencia do PP local conta con Silvia Fernández (vicepresidenta), Andrés Sampedro (secretario xeral), Carlos Ojea (coordinador xeral), Francisco Represas (voceiro), Borja Álvarez (secretario de Comunicación), Laura Tato (Xuventude), Xabier Fernández (Análise e Acción Electoral) e Rafael Martínez (Acción Parroquial). Así mesmo, forman parte deste equipo, en calidade de vogais, os seguintes militantes: Celia Reig, Javier Martínez, María Cruz López, Jesús Manuel Cao, Ricardo González, Cristian Montes, Raquel Plana, Antonio Álvarez, Manuel Regueira, Ángel Seijo, Antonio David, Daniel Castelini, Constantino Amado Fernández, Estrella Domínguez, Alejandro Doval, Andrea Fernández, Luciano Edelmiro Represas, Francisco Gesteira, Lucía Toucedo, Janette Domínguez, Fátima Álvarez e Pedro Andrés Alfaro.

Polo demais, o Comité Organizador do Congreso quixo facer un chamamento á militancia para que asista masivamente a esta cita orgánica, que se desenvolverá este domingo desde as 11.00 horas no Auditorio Reveriano Soutullo, co obxectivo de participar de xeito activo nunha cita decisiva para o futuro do partido. Ademais, tamén convidaron aos simpatizantes a acudir ao congreso, en calidade de oíntes, para tomar parte deste importante acto interno. O 7º Congreso Local incluirá a lectura de ponencias sobre Mocidade, Urbanismo e Medio Rural ao tratarse de temas de máximo interese para a veciñanza de Ponteareas e contará coas intervencións da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e do presidente provincial do PP de Pontevedra e da Deputación, Luis López. Compre destacar que no Congreso estiveron presentes as traballadoras en folga do SAF reclamando polos seus dereitos laborais.




