Movemento Salceda vota en contra da reforma dos estatutos do Consorcio do Louro

Acusou ao PP Salceda de "pregarse aos intereses do Porriño, Mos e Xunta de Galicia"

Salceda de Caselas/Movemento Salceda | Movemento Salceda votou en contra hoxe da modificación dos estatutos do Consorcio do Louro que lle dá ao municipio do Porriño total poder de decisión sobre este organismo, e pediu un mecanismo para compensar á localidade do Caselas polo seu déficit histórico en materia de saneamento.

O voto de MS non puido evitar que Salceda aprobase a modificación destes estatutos, xa que o PSdeG-PSOE e o PP votaron xuntos a favor e incluso o PP, que se abstivo na comisión informativa, cambiou o voto de abstención a favorable para que o acordo saíse adiante, antepoñendo claramente os intereses do Porriño, de Mos e da Xunta de Galicia aos intereses das veciñas e veciños de Salceda.

É de destacar a defensa que fixo o seu portavoz da modificación destes estatutos e o ataque furibundo contra MS, empregando aquello de que “a mellor defensa é un bo ataque”, cando a intención de Movemento Salceda nunca foi polemizar senon reclamar fondos que o Porriño e Mos tiveron historicamente en detrimento de Salceda.

A proposta de Movemento Salceda, que se pode ver na gravación do Pleno como o resto do posicionamento dos grupos, foi comparar os investimentos executados dende a constitución do consorcio en 2013, e que cando menos a Salceda lle corresponda esa porcentaxe de participación, absorbendo ese agravio/débeda histórica co noso Concello, esixindo a posta en marcha de un mecanismo de compensación para o déficit de saneamento de Salceda.

O obxectivo era que o Concello de Salceda levase ao consorcio unha renegociación na que se beneficiase ó noso municipio. Ó noso entender o punto debeu quedar sobre a mesa.

A razón de ser de Movemento Salceda é defender os intereses da veciñanza do noso municipio por enriba de calquera outro interese e creemos que a reforma dos estatutos é claramente denigrante, inxusta e perxudicial para a nosa xente no que respecta ao seu dereito ao saneamento; é negativo para Salceda.

Creemos que con esta reforma o criterio de solidaridade, equiade e lealdade, o de “todos somos un” da constitución do consorcio no 2013, queda esquecido. Naquela pactarase ir executando os proxectos establecidos no Inventario de necesidades en base ao número máximo de viviendas saneadas por euros de custe, independentemente do concello que fose, algo que non se fixo.

No pleno, Loli Castiñeira lembrou que Salceda é o concello menos saneado dos 4, con dúas parroquias, Soutelo e Entenza, sen saneamento polo incuprimento da Xunta de non aportación do 20% restante dos fondos europeos que viñeron para elo. Esta declaración enfureceu ao PP que atacou duramente a Movemento Salceda a través do portavoz Santiago Rodríguez Davila que máis ben parece o delegado da Xunta na vila que un concelleiro que debe representar as veciñas e veciños.