Mos incentiva ás empresas que contraten a persoal do Obradoiro dual SOMOSMOS

Con especial énfase nos sectores sociosanitario e o da construcción

Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, informan de que foron aprobadas na última Xunta de Goberno Local, as bases reguladoras de axudas á contratación por conta allea do alumnado participante no obradoiro dual de emprego “SOMOSMOS ”.

Trátanse dunhas axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación, práctica profesional e, no caso dos concellos, para incentivos á contratación temporal en empresas.

Tras recibir a notificación de subvención da Xunta de Galicia para o Concello de Mos a tal fin, a administración local mosense aproba as bases que regulan as axudas ás que poden optar todas aquelas empresas interesadas en contratar a alumnos/as-traballadores/as do Obradoiro de emprego “SOMOSMOS”.

As empresas ás que van dirixidas as axudas son as pertencentes ao ámbito da formación impartida polos obradoiros duais de emprego do Concello de Mos: albanelería, operacions auxiliares de revestimentos continuos en construcción, e fábricas de albanelería. E rama sociosanitaria: atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio.

Os interesados en solicitala poden dirixirse á Axencia de Colocación de Mos ou chamar ao teléfono 986 487 786 ata o vindeiro 1 de xullo, data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.

O importe total das axudas ascende a 30.000 € repartidos en 20 contratos laboráis, cuxo importe da subvención será de 1.500 € por contrato do traballo por conta allea. A concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia nas empresas e nos empregadores dos requisitos establecidos, ata o esgotamento do crédito orzamentario, que ascende a 30.000 €.

A contratación temporal cunha duración mínima de 3 meses, a tempo completo, deberá comenzar nos quince días seguintes á finalización do Obradoiro dual de emprego.

45.000 euros na mellora da Pista de San Eleuterio
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil de Deportes, José Areal, informaron hoxe de que se atopa en procedemento de contratación, e a piques de ser contratada, a obra de mellora da pista polideportiva de San Eleuterio.

Para a devandita mellora a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos unha subvención de preto de 31.000 euros.

O importe total do proxecto ascede a 44.198,5 euros, dos cales a Xunta achega unha axuda de 30.938,95 € e os 13.259,55 € restantes serán aportación do Concello de Mos con fondos propios municipais.

A obra estará rematada antes de finais do vindeiro mes de outubro. Consistirán en traballos de mellora da pista polideportiva da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, coa finalidade de renovar os pavimentos, os elementos de peche e protección, así como os elementos vinculados ao desenvolvemento da actividade deportiva.

As obras previstas abarcan os conceptos seguintes: Limpeza do pavimento da Pista Polideportiva. Limpeza dos muretes perimetrais da Pista Polideportiva.

Desmonte do Peche Perimetral da Pista para a súa substitución. Pavimentación da Pista Polideportiva sobre o pavimento actual. Pintado do murete perimetral e dos xogos sobre o pavimento. E reposición do peche perimetral.

Comezarán os traballos procedendo a desmontar o peche perimetral da pista polideportiva, así como a retirada dos elementos deportivos que forman parte do mobiliario. Levarse a cabo a limpeza do pavimento da pista así como dos muretes perimetrais con lanza de auga a presión.

Sobre o pavimento actual, unha vez levados a cabo os traballos de limpeza, procederase á aplicación do pavimento multicapa acrílico- epoxi, así como ao marcado das pistas de baloncesto, balonmán e fútbol sala. Da mesma maneira, pintaranse os muretes perimetrais con pintura ao cemento.

Por último dotarase á pista polideportiva de dúas porterías en substitución das existentes. Repoñerase o peche perimetral a base de malla metálica de simple torsión, con acabado plastificado.