Mos acolleu xornada de convivencia cos nenos refuxiados saharauís

No marco do programa Vacacións en Paz

Mos | O concello de Mos organizou onte unha tarde de convivencia para os 9 nenos e nenas saharauis que pasan as súas Vacacións en Paz con familias da localidade. Trátase de Sara, Galia, Jadiya, Salca, Salaca, Mulay, Muna, Salem e Marua, que gozan do verán con familias mosenses de acollida das parroquias de Louredo, Dornelas, Pereiras, Cela, Guizán e Mos.

Onte todos/as eles pasaron unha divertida tarde na Piscina de San Eleuterio, onde estiveron acompañados/as polas súas familias, os seus amigos e amigas feitos en Mos, e as Concelleiras Sara Cebreiro e Julia Loureiro.

Despois de dous anos sen poder levar a cabo o programa de acollida de nenos saharauis, Vacacións en Paz, debido a pandemia; por fin SOGAPS (Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) retomou este ano este programa, e os nenos e nenas saharauis puideron vir a pasar os meses de verán a Galicia, entre outros puntos, a Mos.

Os cativos asentados en Mos durante o verán gozaron onte de unha tarde de piscina, xogos e merenda campestre, onde o pasaron moi ben, xa que tal como afirman as familias: “a praia e a piscina encántalles”

Programa de formación ‘Galegas Dixitais’ .
É unha oportunidade única para que as  mulleres, a través dunha formación gratuíta, adquiran as competencias dixitais necesarias para o seu día a día, para a súa empregabilidade e para o emprendemento.

O programa , está organizado por Beprojetct Consultores e Ara Formación, e ten como principal obxectivo mellorar as capacidade dixitais de mulleres en xeral, pero prioritariamente de mulleres desempregadas. Preténdese ademáis favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e Desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero. Está financiado polos Fondos europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A formación esta agrupada nos seguintes  bloques temáticos:
·         Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración
·         Competencias dixitais avanzadas con 40 horas de duración
·         Competencias dixitais para o empredendemento con 40 horas de duración

O programa desenvolverase de luns a venres, dende o 19 de setembro ata o 28 de outubro.  Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, as alumnas participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil, co que poderán por en práctica todo o aprendido.

As mulleres interesadas deberán solicitar a súa participación , no edifico da Axencia de colocación do Concello de Mos en horario de 9:00 h. a 14:00 h., acompañadas da seguinte documentación: tarxeta de desemprego ou tarxeta de mellora de emprego

Para mais información poden dirixirse ao a Axencia de colocación do Concello de Mos, no teléfono 986 487786 ou a través do correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos