Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, fixo público o cartel gañador das vindeiras festas patronais da cidade, que terán lugar do 11 ó 16 de agosto de 2025.
Na presentación do deseño que se alzou coa trixésima edición deste concurso de carteis, o alcalde estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón e polo gañador do concurso, José Ángel Ligero Martínez que explicou en que se inspirou para a realización do cartel e o que quixo transmitir co deseño gañador do certame.
30ª edición do Concurso de Carteis
Tomé explicou que “cando convocamos o concurso de carteis, facémolo permitindo a participación a calquera persoa que teña interese en contribuír a divulgar as nosas festas a través da súa capacidade artística. Porque desta forma temos unha maior aportación e variedade de ideas, como as vinte propostas que recibimos neste 2025”.
Recordou que “trátase dunha iniciativa que como lembrarán vostedes, dende 2015, dende que son alcalde, estamos a utilizar e volvemos a apostar por esta fórmula aberta ó público en xeral, para que calquera cidadán poida facer a súa proposta. Así, neste ano 2025, o concurso cumpriu a súa trixésimo novena edición, 10 delas dende a miña chegada á Alcaldía”.
Deste xeito, dende o Concello establécese todos os anos un premio de 1.000 euros para o cartel gañador, “unha cantidade coa que retribuír o esforzo, o traballo e a creatividade da persoa que resultara gañadora”.
20 obras a concurso en 2025
En total, ó concurso deste ano presentáronse 20 traballos artísticos, un número moi elevado que xa no ano anterior, no 2024 se incrementou nun 33% mais que en edicións anteriores o que demostra o interese dos artistas por este tipo de concursos.
Todos os carteis que se presentaron a concurso, as 20 obras, serán expostos a principios de agosto na Casa da Cultura de Monforte. Unha vez remate dita exposición, os autores non premiados poderán retirar os seus carteis se así o desexan.
Elección do cartel gañador
O xurado, estivo composto por seis persoas de ámbitos sociais, educativos e culturais monfortinos diferentes, así como pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, que actuou como Presidenta do mesmo.
O alcalde explicou as súas impresións sobre a obra gañadora e os criterios de valoración do xurado para escoller esta proposta entre todas as que se presentaron “no conxunto do cartel predomina a estética colorista a través dunha ampla gama cromática de cores alegres, especialmente os vermellos, verdes e azuis. Neste senso, “creo este cartel é unha explosión de alegría e cor, como o foi nos últimos anos, unha estética que gusta ó noso xurado porque o cartel das festas debe transmitir a alegría, a felicidade e a vitalidade das nosas festas”.
O gañador do concurso, José Ángel Ligero Martínez tamén quixo dar a súa explicación sobre o obxectivo que buscaba coa proposta que presentou, “obxectivo da súa composición era transmitir a alegría, o color e a festa nun deseño cheo de forza. Unha imaxe icónica da cidade claramente representativa, onde cada color, cada casa representa unha veciñanza unida polas festas. Todo esto fusionado, reflexando o espritu de unión da cidade e adornado con fogos artificiais”.Ligero Martínez agradeceu ó equipo de goberno a iniciativa da modalidade de concurso aberto para a elección do cartel porque supón situar a Monforte no panorama nacional e porque tamén supón a posibilidade de concursar a todos os profesionais o que repercute na calidade das propostas que se presentan.
O alcalde concluíu a súa intervención agradecendo á empresa Gadis a súa colaboración neste concurso, así como na posterior impresión dos carteis. E tamén a colaboración da Deputación de Lugo, a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos.