Mondariz Balneario honra a Enrique Peinador Vela

O fundador do Balneario de Mondariz recibirá unha homenaxe este 1º de novembro

Mondariz Balneario | A Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz celebrará o vindeiro 1º de novembro ás 12 horas un acto de homenaxe e unha ofrenda floral en memoria de D. Enrique Peinador Vela, fundador do histórico Balneario de Mondariz, que se realizará na súa tumba no cemiterio de Troncoso.

Durante o acto, que conta coa colaboración dos Concellos de Mondariz e de Balneario, a Fundación Mondariz Templo del Agua e o Centro de Estudos de A Paradanta e O Condado, intervirán Rafael de Rueda Escardó Peinador, bisneto de Enrique Peinador Vela, e o actor Enrique Domínguez, quen ofrecerá unha emotiva oda, destacando o seu legado como impulsor do termalismo galego e promotor do desenvolvemento cultural e social da comarca. Tras estes actos realizarase un xantar de confraternización no Balneario de Mondariz.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.