Mondariz Balneario | Balneario de Mondariz e o Concello de Mondariz Balneario únense para acoller o Día Europeo do Patrimonio Termal 2023, que reunirá na vila termal o próximo mes de outubro a todos os membros da Asociación de Vilas Termais Europeas, así como a figuras relevantes internacionais que defenden o termalismo como motor histórico, económico, médico e turístico.
Unha celebración que se aprobou na reunión de xaneiro do Consello Executivo da ETHHA e unha oportunidade para dar a coñecer o feito de que o patrimonio termal representa un fenómeno europeo moi particular, que inclúe recursos naturais, culturais e intanxibles. O concepto de patrimonio termal utilízase para promover a saúde e o benestar, crear destinos turísticos orixinais e protexer magníficas paisaxes culturais.
O Día Europeo do Patrimonio Termal destaca a importancia do patrimonio termal como unha tradición centenaria en toda Europa, e para obter recoñecemento e conciencia dos problemas que afectan o futuro deste valioso patrimonio.
“Este ano 2023, a Declaración de Utilidade Pública das augas do Balneario de Mondariz cumpren 150 anos e é unha oportunidade para celebrar o patrimonio termal da localidade e a rexión”, explica Mario Crecente, Presidente do Comité Científico de EHTTA. A iso únese como comenta Amalia Galega, directora de Comunicación do Balneario de Mondariz, “o feito de que na vila termais cumpre o único caso no mundo da creación dun concello, Mondariz Balneario, a partir dun establecemento termal, Balneario de Mondariz. Un fito que fixo posible que se valorase incluír a vila termal galega no recoñecemento de Patrimonio da Humanidade da Unesco ao Patrimonio Termal”.
O alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo, pola súa banda, vai máis aló do termalismo comentando que “Ademais das presentacións e discusións de expertos daremos a todos a oportunidade de visitar o pobo e ver o gran patrimonio termal. Ser un membro de EHTTA e con ela membro dun Itinerario Cultural do Consello de Europa trae este gran portunidad de compartir a nosa herdanza e a beleza deste lugar.”
Nunha serie de eventos, o Día Europeo do Patrimonio Termal analiza o desenvolvemento da “Paisaxe Terapéutica (Spa)”, despois dos temas dos pasados anos, “Urbanismo termal” e “Parques e xardíns.