Arbo | O Alcalde Horacio Gil anunciou a realización de obras de mellora en distintos camiños municipais de Arbo, en concreto no Camiño do Requeixo e Camiño da Rocha. Esta iniciativa busca mellorar a infraestrutura viaria e facilitar o acceso a distintas parcelas agrícolas.
Para a mellora dos viarios de acceso a parcelas, o Consistorio optou, por un plan marco de mellora de camiños municipais, que inclúe a subvención de obras civís e o control de calidade. Este plan, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), busca facilitar o acceso a parcelas agrícolas e mellorar a mobilidade dos agricultores.
O orzamento das obras ascende a 78.888,38 € (IVE do 21% incluído que ascende a 13.691,37€.-) e esta cofinanciadas por AGADER ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2025-2026, o importe restante será afrontado con fondos propios do Concello de Arbo.
Entre as actuación prevista inclúese a roza do terreo, demolición e realización do movemento de terras necesario, escavacións e terraplenados, así como a carga e transporte do material sobrante a entulleina ó xestor e residuos, a execución de muro de cachotería, ao comezo, con mampuestos de gran tamaño de pedra granítica, a realización de nova rede de rega e a posterior pavimentación.
Coas actuacións previstas preténdese optimizar o servizo que ofrece o vial sobre o que se actúa, a través da súa mellora e ampliación, co obxecto de facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, consecuentemente, a seguridade en zonas de trazado curvo con acceso a parcelas agrícolas.
Ademais, o alcalde informou de que estas obras levaranse a cabo en colaboración coa Xunta de Galicia, que contribuíu con recursos económicos para o seu desenvolvemento. Espérase que as obras teñan un impacto positivo na calidade de vida dos veciños e na dinamización da economía local, e na actualidade están en fase de licitación a través da plataforma de Contratación.