Medra a natalidade no Covelo

Con sete bebés nados en 2025

O Covelo | O Alcalde Juan Pablo Castillo Amigo deu a benvida oficial aos 7 bebés nados en Covelo ao longo do ano 2025, Durante o encontro, as familias recibiron como agasallo unha cesta con artigos para o coidado dos bebés, así como unha camiseta personalizada de benvida.

O Concello amosa o seu compromiso co apoio ás familias e á natalidade no rural. O Alcalde lembrou a axuda de 500€ para cada fillo ou filla nado ou adoptado así como a liña de axudas para libros de texto e material escolar, dirixida ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Antonio Blanco, cun importe de ata 100€ por alumno/a, ampliable a 125€ en familias numerosas ou con discapacidade.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.