
Marín | O vindeiro mércores 31 de decembro, ás 13 horas, terá lugar no Paseo Alcalde Antonio Blanco o acto organizado pola Asociación de Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) de Marín en homenaxe e lembranza dos fusilados ese mesmo día de 1936: Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Amando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández.
Ademais das palabras da presidenta da asociación, Queta Otero, falarán tamén Xulio Pardellas e Uxía Lubián, e a intervención central correrá a cargo de Guillerme Pérez Agulla, director da Fundación Luis Tilve, enmarcada na conmemoración do centenario do pasamento do histórico político e sindicalista Pablo Iglesias Posse. Algúns dos marinenses homenaxeados tamén formaban parte de agrupacións ou federacións sindicais; organizacións que sufriron de forma cruenta a represión e persecución franquista.
Contaremos coa colaboración musical de Zeltia Acuña e coa presenza de familiares dos homenaxeados, que participarán na tradicional ofrenda floral.




