Manuela Sáez González será pregoeira das Festas de Monforte

A historiadora monfortina “contribuiu a poñer a Monforte no panorama cultural internacional”, dixo o alcalde José Tomé Roca

Monforte de Lemos | José Tomé Roca, Alcalde de Monforte, anunciou quen será a pregoeira das festas patronais de 2025. Trátase da historiadora Manuela Sáez González. Explicou Tomé “está considerada como unha das maiores expertas a nivel mundial na Casa de Lemos, e contribuiu dun xeito impagable, a poñer a cidade de Monforte de Lemos no panorama cultural internacional a través dos seus traballos de investigación sobre o Virrei D. Pedro Fernández de Castro, Andrade e Portugal, VII Conde de Lemos, ata o punto de que o propio Duque de Alba e actual Conde de Lemos, Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, calificou unha das últimas publicacións da nosa pregoeira Vida y obra del VII Conde de Lemos, como a publicación mais importante realizada sobre a figura do Conde de Lemos e sobre calquera membro da Casa de Lemos.”

José Tomé, subliñou que “ademais da transcendencia que teñen todos os seus estudios, que son utilizados como referente por moitos historiadores, e profesores de historia, Dona Manuela Sáez, resulta unha excelente embaixadora da súa cidade natal, xa que durante a súa traxectoria profesional e vital, sempre aproveita calquera ocasión que teña ó seu alcance, para ensalzar a nosa cidade como referente cultural histórico”.

Neste senso- proseguiu a explicar o alcalde – que “resulta impagable para os monfortinos, a súa reivindicación da cidade de Monforte, como referencia para os estudosos do arte, pola dificultade de atopar obras de arte do século XVII en Galicia, que poñen en valor o Museo da Compañía e o Museo das Clarisas con obras de escultores napolitanos e de Gregorio Fernández, pintura do Greco, de Azzolino, Andrea del Sarto, Antiveduto Gramatica e de los Ricci, que a Doctora Sáez reivindica cada vez que ten ocasión”.

José Tomé puxo en valor o recoñecemento internacional da historiadora gracias ó seu traballo meticulosos e rigoroso durante toda a súa carreira, tal e como demostra o recoñecemento que lle acaban de facer en Italia otorgándolle a condecoración da insignia de “la Orden de la Estrella” co grado de comendadora, que lle foi imposta o pasado mes de xuño polo embaixador de Italia en España. Esta insignia está instituída para recoñecer a persoas que contribúen de forma destacada na promoción de relacións de cooperación entre Italia e outros países. Na foto de arquivo, entrega da condecoracioìn de Cavaliere dell Ordine Della Stella dItalia á historiadora monfortina Manuela Saez.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.