Nestes momentos temos aberto un panel de temas actuais, cada quen mais descualificadores, que realmente non sabería por cal deles comenzar ou con cales quedarme. Por esta razón de dúbida vou aproveitar o guión dun artigo xornalístico de elDiario.es porque resume acertadamente o momento que estamos vivindo. Será resumido, loxicamente, pero en esencia seguirei o guión escrito.
O pasado domingo a palabra mafia dominou o espazo público. Non como parte dunha investigación xudicial nin en referencia a unha organización criminal real senón como lema político: “MAFIA OU DEMOCRACIA”. Foi a consigna utilizada polo PP para mobilizar aos seus siareiros.
Como a linguaxe non é neutra cando se recurre a unha palabra tan cargada de simbolismo o que se busca non é soamente comunicar, senón provocar, mobilizar.
“A psicoloxía política coñecida indicanos que as palabras non só describen o mundo: o estructuran”
A psicoloxía política coñecida indicanos que as palabras non só describen o mundo: o estructuran. As metáforas políticas definen a nosa maneira de pensar e os marcos dicotómicos (como “liberdade ou comunismo”, “mafia ou democracia) ofrecen claridade moral en contextos de incertidumbre.
Diante destas estructuras binarias activan un sistema rápido, emocional e intuitivo. En lugar de razonar en profundidade, o ciudadán responde con afecto. Identificación ou rechazo inmediato. Elimínase a distancia entre a mensaxe e a acción.
Este tipo de linguaxe ofrece certezas en tempos de ambigüidade. Por iso resulta tan atractivo. Sen embargo o abuso destes marcos pode ter efectos secundarios perniciosos. Un deles é o que poderíamos chamar “fatiga emocional do cidadán”. Cando todo é escándalo xa nada escandaliza; cando cada día espertamos cun novo escándalo institucional sube o nivel de atención pero baixa a sensibilidade. Cando se repiten de maneira constante as mensaxes de alarma xenérase desensibilización. A psicoloxía denomínao “habitación emocional”: a resposta a un estímulo negativo decrece cando se presenta repetidamente sen consecuencias visibles. “Váiase Sr. González”; “váiase Sr. Sánchez”, rematan cansando aos cidadáns que tenden a desconectarse e buscar refuxio noutros discursos máis autoritarios. A consecuencia non é só apatía: é desafección.
Cando un partido opta por usar “mafia” como concepto central de comunicación non está facendo unha acusación xurídica, senón unha operación simbólica. Tenta resignificar o termo para caracterizar ao adversario político como ilexítimo, corrupto, antidemocrático.
“Cando un partido opta por usar ‘mafia’ como concepto central de comunicación non está facendo unha acusación xurídica, senón unha operación simbólica”
Esta táctica tense analizado en estudios sobre a “deslexitimación do adversario” en campañas electorais onde se demostra que a substitución do debate político por marcos morales extremos reforza a polarización afectiva e reduce a deliberación.
A linguaxe non describe: etiqueta. Unha vez que todo é mafia, qué palabra nos queda para describir un comportamento realmente mafioso?
O efecto final desta estratexia é paradóxico: ao aumentar a intensidade da mensaxe redúcese a súa eficacia. É o que Neil Postman chama “amusing ourselves to death” (“divertirse ata morrer”): unha era onde o exceso de estímulos converte o importante en entretemento e o urxente en rutina. No eido da comunicación política isto tradúcese en saturación. Os cidadáns xa non distinguen entre alarma real e esaxeración retórica. Igual que nas series que esgotan cada xiro dramático no seu primeiro capítulo, todo parece excepcional…ata que deixan de importar.
O slogan “mafia ou democracia” non é só unha consigna. É un síntoma. Fala dun clima político onde as emocións substituíron ao argumento; onde a palabra se converte máis en arma que en ferramenta.