Luis Candelas, de oficio bandoleiro. Paralelismos e coincidencias hoxe.

O que está a ocorrer na contorna de VOX , o diferenciado trato xudicial a comisionistas e a cargos públicos varios, segundo cor, trouxo á miña memoria un articulo escrito ao rebufo da Amnistía Fiscal do entón ministro Montoro.

Unha fría mañá de novembro de 1837, executouse ao delincuente máis buscado do século XIX, por 40 roubos. Case 200 anos despois, delincuentes con maior número de delitos están libres. O bandoleiro Luis Candelas non foi un delincuente común, el preparaba os seus asaltos meticulosamente. Os actuais tampouco son comúns, tamén preparan moi meticulosamente os seus actos, e as repostas ás posibles consecuencias.

No cadalso confesouse pecador e patriota. Dos actuais algúns piden desculpas,outros no, todos escúdanse en bandeiras, patriotismos e crenzas relixiosas, intentando evitar o castigo. O bandido do XIX foi exemplo de educación, mediante un sistema autodidacta , que lle permitiu gañar un posto como funcionario do Estado, os actuais adoitan pasar pola Universidade, ou por colexios de elite, e tamén, moitos deles e elas, foron (ou aínda son) altos funcionarios.

Coa colaboración de amigos, algún político importante, liberal por máis datos, ao quemaxudara a escapar do cárcere, subornos e outras artes, logrou escapar do cárcere en seis ou sete ocasiones. Nos últimos tempos a repartición de comisións varias, os favores mutuos de amigos: políticos, bancarios, empresarios e mesmo Xueces, os modernos bandidos evitan o grolo de entrar no cárcere, outros, obteñen permisos e graos suavizados de prisión. Aquel Luís cando, polos seus últimos erros, caeu definitivamente en desgraza e viu que esta vez os subornos non poderían librarlle do seu destino, recorreu a rogar o indulto á Raíña rexente María Cristina de Borbón. Igualito que hoxe en día, que os que, rexeitado o último recurso, atópanse cunha condena en firme. Iso si, ao condenado do século XIX non lle funcionou, e a moitos dos actuais cae o indulto como agasallo do goberno, ou a atenuación da pena por un tribunal, de súa cor, en especial se o tramita o despacho de avogados adecuado

Mais coincidencias, Candelas caeu definitivamente en desgraza, porqué a o asaltar á dilixencia do embaixador de Francia en Torrelodones subtraeulle non só diñeiro e xoias, senón tamén uns documentos confidenciais e comprometedores. Isto dos documentos e o roubo aos membros da propia organización soa moi próximo a titulares de prensa e comparecencias televisivas actuais.

“E por marcar algunha diferenza, bandoleiros como Luis Candelas, gozaron da simpatía do pobo”

E por marcar algunha diferenza, bandoleiros como Luis Candelas, gozaron da simpatía do pobo, porqué compartían parte do que conseguían cos seus tropelías e demostraron o seu patriotismo loitando, temporalmente, pola liberdade e dereitos dos seus cidadáns e os Luíses actuais, non só non reparten, senón que alén de quedarse todo, a patria deféndena, so como terreo de caza propio e exclusivo de depredación, claro que o certo é que a pesar diso gañan eleccións nas que votan as victimas do seu abusos e neglixencias .

Abril 2026.

Enxeñeiro Técnico en Mecánica e enxeñeiro de Instalacións, tamén é Diplomado en Relacións Laborais e Empresariais. Foi enxeñeiro de Citroën e militante da UXT. Foi o primeiro presidente do Comité de empresa de Citroën. Ingresou no PSOE en 1978. Foi deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi Secretario de Federacións de UGT-Galicia. Foi Secretario de Acción Social e Secretario de Participación Cidadá do PSOE.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.