Limpeza de parcelas para a prevención forestal na Cañiza

Nas parroquias de Couto, Petán, Luneda, Franqueira e A Cañiza

A Cañiza | Cumprindo co disposto no Convenio de Adhesión en materia de prevención de incendios forestais, durante este último mes dende o Concello se enviaron máis de 550 dilixencias de notificacións aos titulares de propiedades nas parroquias de Petán, Couto, Luneda, Franqueira e A Cañiza para recordar esta obriga. Os titulares das parcelas afectadas nas parroquias de Achas, Parada, Oroso e Valeixe (consideradas priorizadas) xa foron informados nunha primeira fase.

Ademáis o pasado 29 de marzo de 2022 publicouse o Anuncio de notificación aos titulares descoñecidos do requerimiento para lembrar esta obriga. Un total de 1831 parcelas. A documentación permanece nas Oficinas Xerais do Concello para consultar os expedientes.

As notificacións a descoñecidos realízanse de conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao non poder determinarse a identidade da persoa titular, ou se ignora o lugar de notificación. A través deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Con carácter xeral, os titulares das parcelas deberán limpar voluntariamente e xestionar os restos vexetais. En caso de non facelo o Concello pode proceder á execución subsidiaria repercutindo os costes ao propietario ademáis de poder instruir un procedemento de sanción. Ademáis, as persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas.

Estas condicións están establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Tecnoloxía 4G e 5G
As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange,  anunciaron que durante as próximas semanas realizarán na Cañiza o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700  MHz, respectivamente, o que permitirá aos veciños gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790  MHz (canles 49 ao 60 de  UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

Máis e mellor cobertura
Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da  videollamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800  MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

Nova xeración e a TDT
Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4 G e 5 G nas bandas de 800 e 700  MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o aceso das estacións, polo que Llega700 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún.

Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web  www.Llega700.es

Outros artigos