Mos | O Concello de Mos, en colaboración coa Asociación de Hostalaría e Turismo “BaresMos”, iniciou a entrega de 100.000 manteis conmemorativos da chegada de de La Vuelta España ao municipio o próximo 9 de setembro.
s”, iniciou a entrega de 100.000 manteis conmemorativos da chegada de de La Vuelta España ao municipio o próximo 9 de setembro.
O deseño dos manteis foi realizado por Daniel Jorge Blanco, alumno do Obradoiro de Emprego “QuedaEnMosIII”, como parte dun proxecto levado a cabo en colaboración cos seus compañeiros, promovendo así a visibilidade do talento local e a participación da comunidade educativa en iniciativas municipais.
A entrega destes manteis forma parte da campaña “A Volta nos Bares”, unha ruta gastronómica e social que se desenvolverá durante todo o mes de setembro nos arredor de 30 bares do municipio adheridos a esta iniciativa. Cada xoves, venres e sábado, entre as 19:00 e as 23:00 horas, os establecementos ofrecerán, acompañando a unha consumición, pinchos especiais por un euro. Cada pincho levará o nome dun lugar emblemático de La Vuelta ou dunha figura histórica do ciclismo. Os participantes poderán recoller un “tapaporte” para acumular selos nos diferentes bares, optando así a premios como maillots da Volta a España e ata un agasallo sorpresa ao completar a ruta. O Concello anima a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta iniciativa que combina deporte, cultura e gastronomía, convertendo Mos nun punto de encontro para celebrar a Volta España de forma saborosa e participativa.