
Sober | O denominado “Mes de Amandi” incluirá diversas propostas como concertos, presentacións de libros, probas deportivas, catas, maridaxes e xornadas técnicas.
O domingo día 1 de marzo ás 12:00 horas Circuíto Comarcal de Cros escolar, carreira de Sober, no entorno do Santuario de Cadeiras. Programa Xogade da Xunta de Galicia.
Martes 3, ás 18:00 na Biblioteca Pública Municipal Presentación do libro “Niño de barro y su metamorfosis” de Esteban Jiménez organizado polo Club de lectura Pintor de Castinandi.
Sábado 7, ás 19:00 horas na Igrexa de Santa María de Proendos concerto do gupo vocal Solo Voces, de Lugo. Mércores 11, ás 12:00 horas Irmanamento coa Festa da Filloa de Muimenta na Escola de Hostalería de Rosende. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e Festa da Filloa de Muimenta.
Venres 13, ás 17:30 horas os participantes nas “Merendas con contos” visitarán viñedos de viticultores do Amandi. Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural presentación do libro “Árbores senlleiras do arciprestazgo de Amandi. Concello de Sober” de Uxía Garcés Ojea, Antonio Rigueiro Rodríguez, Gaspar Bernárdez Villegas e Rosa Mosquera Losada. Edita: GDR Ribeira Sacra –Courel.
Maridaxe
Domingo 15, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober cine-concerto, “O héroe do río” de Buster Keaton coa música en directo de Caspervek. Organiza. Sociedade Filarmónica de Monforte.
Martes 17, ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Presentación do libro “Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos” de Xosé Manuel Del Caño. Organiza: Editorial Embora e Club de lectura Pintor de Castinandi.
Xoves 18, de 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende, xornada de maridaxe: Viño de Amandi con produtos de IXP Grelo de Galicia e IXP Lacón de Galicia. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e AGACAL.
Sábado 21, pola mañá: andaina circular polas parroquias de Proendos, Millán e Rosende. Organiza: Asociación O Colado do Vento. Ás 19:30 horas na Casa Museo Genia Trigo de Gundivós, concertó de guitarra a cargo de Gonzalo Peñalosa. Organiza: Xuventudes Musicais de Sober.
Xornadas técnicas
Martes 24, ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal, presentación do libro “Contigo muere tu secreto” de Fernando Hernández. Organiza: Club de lectura Pintor de Castinandi. De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober “V concurso de catas por parellas”. Organiza: Fundación Belarmino Fernández.

Mércores 25, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober, xornada técnica e cata “Variedades resistentes a enfermidades: un futuro prometedor para o viñedo”. Coordina: Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León e o enxeñeiro Alfonso Losada. Xoves 26, ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Sober, xornada técnica e cata “No/Low, high level: viños sen alcol que xa non son un plan B”. Coordina: BevZero e o enxeneiro Alfonso Losada.
Carteis e catas
Do 13 ao 15 de marzo na Casa Grande de Rosende realizarase o taller de campo: “Paisaje y horizonte, claves de la edición fotográfica” con José Guerreiro. Organiza: La Plantación.
Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober organízanse varias actividades no mes de marzo para conmemorar o 8-M.
Do 20 de marzo ao 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLVI Feira do Viño de Aamdni. Cun xurado profesional integrado por enólogos e sumiliers, celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.
Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2025, un premio para viños brancos da anada de 2025, un premio para viños rosados da anada 2025, un premio para viños tintos de anadas anteriores a 2025 e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra
Presentáronse 20 orixinais para o concurso de carteis chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio o traballo titulado “Amandi, un viño de cien”, presentado por Marta Luísa Silvarrey Casanova, natural de Begonte (Lugo).




