Informe xurídico sobre o caso da ocupación dunha vivenda na Guarda

Trátase dun inmoble localizado en As Tomadas, Camposancos

A Guarda | A continuación, reproducimos o informe xudicial sobre o caso da ocupación dunha vivenda na localidade de As Tomadas en Camposancos (A Guarda)

Concello da Guarda
Expediente: 2670/2017.
Asunto: R.P. 7085/2014 –
Interesado: Unifamiliares Bouzas, S.L. –
Solicitante: ALCALDÍA.

Solicitado informe deste Departamento pola Alcaldía do Concello en relación coas facultades do Concello de cara a ordenar a expulsión dos ocupantes da vivenda sita no Lg Playa 9, As Tomadas, 36788 A Guarda (Pontevedra), Polígono 31 – Parcela 49 (Ref. Catastral 36023A031000490000UL9) a cal, presuntamente, tería sido obxecto de ocupación ilegal por parte dos mesmos.

Antecedentes
01. Con carácter previo, na emisión deste informe, partimos da consideración non acreditada de que a ocupación das vivendas é ilegal ao non estar amparada en título algún que a xustifique. A tal fin, baseámonos no informe da Xefatura da Policía Local de 05 de maio de 2.021 incorporado ao expediente de referencia, así como na instancia presentada no Rexistro Xeral do Concello (2021 – E -RE – 1320) o día 10 de maio de 2.021 (en contestación ao requirimento formulado pola Alcaldía de 06 de maio) pola Administración Concursal da entidade propietaria da edificación, na que informa de que a ocupación carece de título e que xa foi formulada a pertinente denuncia ante o Xulgado competente. Consta, así mesmo, a práctica de dilixencias por parte da Guardia Civil. Así mesmo, debemos sinalar que non consta que a edificación en cuestión tivera sido morada de ningunha persoa con anterioridade á ocupación habida.

02. A petición da Xefatura de Policía Local de A Guarda emitiuse informe o día 7 de maio de 2.021 (LIX 2021 – 0090) no que se expuña sinteticamente a situación urbanística da parcela. Sinalábamos en dito informe que ao amparo dos cambios normativos habidos tras a promulgación da Lei autonómica 2/2015, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia (LSG), e do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do Solo de Galicia, foron outorgadas novas licencias municipais de legalización núm. 05/20’16 e 06/2016.

Con ambas licencias instouse incidente para a inexecución de Sentencia, desestimado por auto de 2 de marzo de 2.017, ditado polo Xulgado do Contencioso Administrativo Núm. 3 de Pontevedra, no curso do procedemento de execución núm. 41/2013, confirmado en apelación pola Sentencia do TSX Galicia Núm. 205/2019, de 16 de abril.

Pese as resolucións xudiciais indicadas, aínda non foi declarada xudicial e formalmente, a nulidade das licencias de legalización núm. 05/2016 e núm. 06/2016, declaración que xa foi instada polo interesado ante o mesmo Xulgado do Contencioso Núm. 3 de Pontevedra, o cal, aínda ao día de hoxe, non se pronunciou ao respecto ou, cando menos, non foi notificada ao Letrado que asume a representación do Concello no citado procedemento a resolución ditada.

Consideracións Xurídicas
01. As cuestións que se someten a informe xurídico, segundo a petición formulada pola Alcaldía do Concello, xira en torno ás posibilidades do Concello de A Guarda para ordenar o lanzamento ou expulsión dos ocupantes da vivenda sita no Lg Playa 9, As Tomadas, Cod. Validación: 3MXAE3FXPMPAG44X29TQTL7ND | Corrección: https://aguarda.sedelectronica.gal/

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 3
LIBRO DE INFORMES JURIDICOS
Número: 2021-0166 Data: 23/07/2021
Marcos Cabadas Avión (1 para 1)
LETRADO
Data de Sinatura: 23/07/2021
HASH: e0fa3e62f71c6b2e2ad8d3f438701cd6
Concello A Guarda
36788 A Guarda (Pontevedra), Polígono 31 – Parcela 49 (Ref. Catastral 36023A031000490000UL9).

Polos motivos que se exporán a continuación, a resposta a esta cuestión é que, tratándose de inmobles de titularidade privada, o Concello carece de calquera competencia aos fins indicados, competencia que corresponde en exclusiva aos órganos xudiciais do Estado.
02. Sinala o artigo 45 LAC sinala que “corresponde aos Xulgados de Primeira Instancia o coñecemento, en primeira instancia, de todos os asuntos civís que por disposición legal expresa non se atopen atribuídos a outros Tribunais”.

O artigo 250 do mesmo texto legal sinala que “decidiranse no xuízo verbal, calquera que sexa a contía, as demandas seguintes: b) as que pretendan a tutela sumaria da tenza ou posesión dunha cousa ou dereito por que tivera sido despoxado delas ou perturbado no seu desfrute . Poderán pedir a inmediata recuperación da plena posesión dunha vivenda ou parte dela, sempre que foran privados dela sen o seu consentimento, a persoa física que sexa propietaria ou posuidora lexítima por outro título, as entidades sen ánimo de lucro con dereito a posuíla e as entidades públicas propietarias ou posuidoras lexítimas de vivenda social”.

Tratándose de bens inmobles de titularidade privada (segundo consta acreditado no expediente administrativo), a competencia exclusiva para a tutela sumaria da tenza ou posesión e goce dun ben corresponde, en exclusiva, aos Xulgados e Tribunais do Orde Xurisdicional civil, quedando vetada á Administración calquera actuación tendente ao lanzamento ou expulsión dos ocupantes das vivendas, aínda no caso que se tivera por acreditado a ocupación ilegal das mesmas. Advertimos que calquera actuación nese sentido podería ser mesmo constitutiva de delito.

Hai que ter en conta, ademais, nos termos que resultan do precepto transcrito, que tratándose de inmobles de titularidade privada, a Administración tampouco conta con lexitimación para instar o procedemento xudicial civil que conduza ao lanzamento dos ocupantes, lexitimación que corresponde en exclusiva ao propietario ou posuidor lexítimo por outro título do inmoble. Como resulta da literalidade do precepto, a lexitimación das entidades públicas limítase á vivenda social que sexan da sua propiedade ou respecto das cales sexan posuidoras lexítimas, o que non é o caso.

03. Dende o punto de vista do Dereito Penal, sinala o artigo 245.2 do Código Penal que “o que ocupare, sen autorización debida, un inmoble, vivenda ou edificio alleos que non constitúan morada, ou se mantivera neles contra a vontade do seu titular, será castigado coa pena de multa de tres a seis meses”.

A competencia para a instrución e axuizamento do delito tipificado corresponde, tamén en exclusiva, aos Xulgados e Tribunais da Orde Xurisdicional Penal, carecendo a Administración de calquera competencia na materia.

04. Dende o punto de vista Administrativo, é certamente discutible que a demolición corresponda ao Concello. Hai que ter en conta a Sentencia do Tribunal Supremo de 13 de xuño de 2.006, que establece o seguinte:

En primer lugar, esta Sala del Tribunal Supremo ha declarado que la anulación de una licencia por Sentencia implica el necesario restablecimiento de la legalidad urbanística ( Sentencias de fechas 16 de mayo de 2002 -recurso de casación 5281/1998-, 3 de junio de 2003 -recurso de casación 3389/1999- y 28 de marzo de 2006 -recurso de casación 2222/2002 -), aunque en la sentencia no se hubiese acordado expresamente tal medida, y, por consiguiente, Cod. Validación: 3MXAE3FXPMPAG44X29TQTL7ND | Corrección: https://aguarda.sedelectronica.gal/

Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 3
LIBRO DE INFORMES JURIDICOS
Número: 2021-0166 Data: 23/07/2021
Concello A Guarda
no contradice lo ejecutoriado que en fase de ejecución se ordene proceder a la demolición de lo indebidamente construído cuando la licencia, a cuyo amparo se edificó, fue declarada contraria a derecho en la sentencia que se ejecuta.

En segundo lugar, la edificación fue levantada por la titular de la licencia urbanística declarada ilegal, en este caso la entidad recurrente, quien, por tanto, debe proceder a ajustar lo construído a la legalidad urbanística, aunque no hubiese comparecido en el proceso después de haber sido oportunamente emplazada para hacerlo.

Al ser la titular de la licencia de edificación quien debe ajustar la obra a las determinaciones del planeamiento, en el caso de no ejecutarlo y tener que acometerlo el Ayuntamiento en ejecución sustitutoria, habrá de satisfacer el coste de tal ejecución subsidiaria con independencia de la responsabilidad patrimonial en que dicho Ayuntamiento hubiese podido incurrir al conceder una licencia urbanística en contra del planeamiento, que le podrá ser exigida, de acuerdo con el precepto citado en el segundo motivo de casación esgrimido, por cualquier perjudicado como consecuencia de la anulación de la indicada licencia, incluida la titular de ésta.

05. Hai que ter en conta, ademais, que non foi declarada a responsabilidade patrimonial do Concello como consecuencia do outorgamento das licencias de obra. En calquera caso, no suposto de que o Xulgado ordene ao Concello a incoación do expediente de execución subsidiaria, e snon obstante a desestimación do incidente de inexecución de Sentencia, aínda non foron anuladas formalmente, por decisión xudicial, as licencias de legalización núm. 05/2016 e 06/2016, trámite que, ao noso xuízo, é necesario para proceder a dar cumprimento á demolición da edificación e que na actualidade está pendente de decisión xudicial.

06. Quedan a disposición do Concello as facultades xerais de policía (seguridade e orde público), que poden ser exercitadas nos termos definidos con carácter xeral pola normativa vixente.

Este é o meu informe, sen prexuízo doutro mellor fundado en dereito.