I Congreso de Modistas de Galicia en Compostela

Reivindicou a loita histórica polos dereitos das costureiras

Santiago de Compostela | O Museo do Pobo Galego celebrou este 13 e decembro o I Congreso de Modistas de Galicia na que reivindicou os dereitos históricos das costureiras.

O Congreso lembrou efeméredes históricas como a morte de 120 costureiras en 1857 nunha fábrica de Nova York após dunha manifestación para reivindicar os seus dereitos laborais. A brutal presión policial acaba coa vida destas mulleres abrasadas por un devastador incendio do complexo téxtil.

A historia parece que quere volver a repetirse, non pola traxedia en si, mais si pola situación que o sector está a vivir na actualidade, porén xorde a necesidade de crear unha asociación profesional que aglutine ás profesionais do sector para converterse nunha imparable forza con capacidade de facerlle fronte aos xigantes da confección que venden a uns prezos sospeitosos de ter ás súas costas o mesmo factor que en 1857.

Este é un dos puntos reivindicativos desta xuntanza, que se coñeza a historia e que o próximo 8 M, se de cabida conta de onde nace esta efeméride, xa que, consultados distintos servizos administrativos públicos da igualdade, non atopan relación algunha entre este Congreso e a Igualdade.

Afondando neste punto, tamén se eleva unha petición de revisión dos termos que aparecen na RAG, referidos á profesión, xa que os termos son discriminatorios cara a muller, véxase a definición de modista e modisto.

Por outra banda, historicamente, a expresión Galicia calidade nace hai máis de 25 anos dun slogan publicitario da Xunta de Galicia, onde se asociaba a produtos ou servizos galegos de alta gama, como foi o caso da moda, que por aquel entón era o adaíl galego alén de Piornedo. É por isto, que se pide a inclusión do epígrafe “Moda” no selo dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Desde a Fundación Artesanía de Galicia, a súa xerente Elena Fabeiro, falou da relevancia histórica dos oficios vencellados ao téxtil, tradicionais no país, así como dos beneficios da marca “Artesanía de Galicia” como un valor de futuro para as profesionais, xa que a sociedade galega está a volver a confiar nas vantaxes dos oficios artesanais, que permiten un consumo máis consciente e unha produción máis sostible, grazas á elaboración de prendas á medida, únicas e duradeiras.

Por último, pero non menos importante, pídese a regularización dos oficios carentes de titulacións oficiais como modista e xastre para unha maior capacidade competitiva no mercado.