Tui | A Comisión Organizadora dos 800 anos da Consagración da Catedral de Tui presentou públicamente este 30 de setembro a imaxe de marca desta conmemoración realizada pola empresa Anónimo.
No acto realizado no Espazo Sociocultural participaron o Alcalde Enrique Cabaleiro; José Diéguez Dieppa, deán da Catedral de Tui; Ana Lozano, da empresa Anónimo; e as concelleiras de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez; e de Cultura, Sonsoles Vicente Solla.
Lozano explicou que o deseño “condensa a esencia dunha das Catedrais máis antigas de España”, compatibilizando “historia con modernidade” e combinando “figuras xeométricas cos elementos litúrxicos” nas que se inclúen a fachada principal da Catedral e o carácter amurallado do Pórtico dentro dunha harmonía cromática en vermello e celeste. A imaxe de marca está adaptada a tódolos formatos dixitais para a súa debida campaña de difusión e de comunicación.
Pola súa banda, o deán Diéguez Dieppa celebrou este deseño considerando que “recolle todas as nosas expectativas” aproveitando para puntualizar que a cor celeste simboliza que a Catedral “está dedicada á Virxe”.