“Hai uns 5 millóns de euros en facturas pendentes de pago por parte do Concello do Porriño”

Alejandro Lorenzo | Voceiro do Partido Popular do Porriño

O Porriño | Alejandro Lorenzo é desde 2019 o presidente do Partido Popular en O Porriño e o seu voceiro na Corporación Municipal, na que xa ingresou en 2007 como representante deste partido. Durante doce anos foi alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Chenlo. É un empresario no eido da automoción, ademáis ten unha empresa de lentes deportivos.

O pleno do Concello decidiu aumentar a contía para o Festival de Cans ata os 40.000€. Qué tes que dicir sobre isto?
Isto permítelle ao Festival realizar pola súa conta unha serie de actividades que estaba realizando o Concello; agora serán realizadas a maiores polo propio Festival. A contía é necesaria pola importancia do Festival para Cans e para O Porriño.

Ti cres que o Festival poderá seguir manténdose con esa estrutura ou ben precisará de novos espazos que somentes a vila do Porriño pode ofrecerlle?
Sacar o Festival de Cans para mín non sería acertado. As aldeas pequenas tamén poden ofrecer cousas interesantes que eu home procedente do rural defendo, aínda que se poderán facer actos noutras instalación da vila. O Festival naceu aí, naceu con ese nome, que é unha idea magnífica e que debe seguir aí coa asociación que o leva.
O aumento da aportación do Concello vai precisamente na dirección de que se poidan realizar actividades noutras parroquias, pero sempre ligadas ao propio Festival.

“Sacar o Festival de Cans para mín non sería acertado”

Nos últimos tempos O Porriño é noticia polas supostamente malas prácticas da súa administración. O PP ven denunciando estes feitos. Qué nos podes dicir sobre o particular?
Os xulgados correspondentes teñen recibido denuncias por preto de cinco millóns de euros en facturas pendentes de pago; hoxe mesmo, nun pleno extraordinario, demos conta que foron mais de 18 millóns en reparos levantados pola alcaldesa ou polo pleno municipal nos últimos cinco anos; isto demostra un pouco a contratación irregular que leva feito o Concello nos últimos anos.

“Os xulgados correspondentes teñen recibido denuncias por preto de cinco millóns de euros en facturas pendentes de pago”

Os tribunais din que non só as contratacións son irregulares senó que é unha práctica masiva e sistemática no funcionamento da administración do Concello. Todas as sentenzas que está sacando o Tribunal Contencioso Administrativo de Pontevedra están derivándoas para os xulgados do Porriño e para a Fiscalía. Exemplo foi a contratación dunha orquestra sen ningún tipo de licitación así como empresas que facturaron mais dun millón de euros con procedementos semellantes.
A alcaldesa está agora nun procedemento abreviado de investigación que existe nun xulgado do Porriño e que, en caso de abrirse, será enviado a Pontevedra para realizar o xuízo correspondente.

Non falamos de servizos básicos esenciais, que parecen ser a defensa da alcaldesa, senón de todo tipo de servizos: subministros ou obras, compras de teléfonos, contratación de obras, servizos para festas do pobo ou nas parroquias, deportes, limpeza diaria, lixo, etc, que se están facendo de maneira masiva, sen ningún tipo de contratación. Estamos falando de mais de catro ou cinco millóns de euros irregulares e que non existen nin informes de prezos de mercado, informes de veracidade de servizos e aínda así moitas desas facturas foron pagadas.

Por qué os tribunais tardan tanto tempo ou iso necesita unha investigación con mais probas?
Hai probas suficientes, ao meu entender, o que ocorre é que estanse traspasando duns xulgados a outros diferentes contenciosos, o que alarga no tempo a resolución dos mesmos. Proximamente teremos noticias dos contenciosos que teñan rematado o período de investigación; é de suponer que poidamos coñecer sentezas definitivas.

“O máis grave que ocorre no Concello é que esta é unha facturación existente dende o ano 2017”

O máis grave que ocorre no Concello é que esta é unha facturación existente dende o ano 2017. Ese ano se facturaron para moitos servizos, subministros e obras realizadas e logo se presentaron as facturas por Rexistro e o Concello o que fai é rexeitar a factura por ausencia de contrato. Para min é unha estafa da administración e do propio empresario.

Podemos pensar que a Alcaldía está presa por un fío?
A alcaldesa está suxeita non por un fío senón por un grupo de concelleiros e de concelleiras que a votaron para que estea alí, para exercer.

Pero non ten a maioría.
Ela está alí porque ten unha maioría de 9 votos. Ela tiña 4 votos, o Partido Popular tiña 8 votos, pero ela cun grupo independiente que precisamente un mes antes era presidente do Partido Popular e logo resulta que despois das eleccións era un asesor do PSOE na Deputación de Pontevedra, e con 2 votos do BNG e 2 tamén de Esquerda Unida foron os que a puxeron aí sendo coñecedores desta situación económica.

Quere dicir que o Partido Popular non ten ningún compañeiro de viaxe na Corporación para poder presentar unha moción de censura?
Non, non o ten. Aparte que para a moción de censura precísanse que se firmen 9 peticións e que logo os 9 tamén a voten. Nós temos 8 e polo tanto precisamos dun voto mais para a maioría.

Qué podes dicirnos do urbanismo do Porriño?
O Plan de Urbanismo do Porriño é de 2003. Foi elaborado por José Manuel Barros (foi alcalde do Porriño entre 1981 e 2002. Faleceu en 2016) Foi aprobado xusto no momento en que houbo cambio de goberno, cando entrou Raúl Francés como alcalde, quen foi o que o levou a pleno para posteriormente ser aprobado cos votos do propio Barros. De faltarlle ese apoio, aínda estaría hoxe sen aprobar 18 anos despois.

Estase aplicando correctamente?
É necesario un novo plan porque hai moita xente do rural que ten a posibilidade de edificar nas súas parcelas e non pode facelo, igual que ocorre no centro da vila. Hai que seguir regulando e hai que seguir aumentando a nosa poboación. O Porriño pasa dos 20.000 habitantes e para alcanzar unha maior poboación necesitamos tamén unha maior edificabilidade e, ó mellor co tempo, expandir o noso Concello.

Antonio Lorenzo (esquerda) recibiu ao director de Foro A Peneira, Guillermo Rodríguez, na sé do PP O Porriño.

“É necesario un novo plan porque hai moita xente do rural que ten a posibilidade de edificar nas súas parcelas e non pode facelo, igual que ocorre no centro da vila”

Eu son do rural, da parroquia de Chenlo, e creo que as parroquias hai que conservalas, axudarlles para que teñan tamén maior edificabilidade. O que está claro é que hai que renovar o noso plan urbanístico. Para dar solución tamén a edificabilidade nas parroquias, unha das cousas principais, básicas e esenciais nun Concello como O Porriño é a falta de saneamento total, que nestes momentos a penas chegan ao 50%; nalgunhas parroquias non pasa do 10%.

Está é unha das propostas que levamos a plenos constantemente. As parroquias deben saber cando van a ter un plan de saneamento e para iso é preciso unha planificación que comprenda a todas as parroquias, incluído o casco urbano. A poboación do Porriño está crecendo de acordo coa súa contorna. Estábamos en 20.000 e agora estamos perto dos 21.000 habitantes. Por tanto, nas próximas eleccións municipais (2023) estaríamos crecendo tamén en número de concelleiros municipais, neste caso a 21.

Falemos da economía do Concello do Porriño. Cómo a ves?
Temos tres clústers e empresas importantes a nivel mundial: farmacéuticas que están desenvolvendo unha das vacinas contra o coroavirus; automoción, tecnolóxicas, granito, etc, que xeran riqueza e emprego para o pobo do Porriño. Non obstante, algunas destas empresas están ocupando terreos que son municipais e tamén da Comunidade de Montes.

Precisamente, cal é a situación das canteiras en relación coas Comunidades de Montes?
Entendo que a relación é boa entre a Comunidade de Montes, o Concello e os propios empresarios, aínda que existen algunhas disputas para reclamar certas parcelas que tentan resolverse nos xulgados.

Cres que o Concello está apostando pola canteira deportiva do Porriño?
O actual goberno municipal está seguindo un pouco a liña iniciada polo ex alcalde Barros, apoiando os convenios que xa existían. Considero que se poden facer outros convenios e que se poden mellorar infraestruturas e tamén axudar a deportes minoritarios. Este 2021 é un ano punteiro para os equipos de baloncesto e distintas categorías de balonmán que chegaron a campionatos de España. Isto é un indicador de que se está traballando moito o deporte de base.

Campo educativo. Cómo ves a estrutura educativa do Porriño?
As escolas unitarias existentes nas parroquias ten deficiencias moi graves. O Concello debería intentar chegar a acordos coa Xunta para o mantemento e mellora de infraestruturas de institutos, tanto os que sexan de competencia municipal como autonómica.

“As escolas unitarias existentes nas parroquias ten deficiencias moi graves”

Nas parroquias do Porriño non se fixeron escolas unitarias ultimamente?
Existían as de Chenlo e Pontellas, que foron pechadas porque non tiña nenos. Hai unha que xa non existe porque converteuse en asociación cultural. A de Mosende está actualmente en uso, que é municipal e ten nenos de Chenlo e de Pontellas, pero no que o seu estado non é o mellor.

“En materia económica estamos xudicializando porque estase demostrando que o que se está facendo non é realmente o correcto”

Para finalizar, permitímoslle o espazo para dar unha mensaxe á veciñanza.
O máis importante é defender os intereses do Concello, dos veciños e das veciñas, sobre todo en materia económica porque estamos traballando moito, a pesar de levar a pleno distintas propostas e acordos que logo non se levan a cabo. En materia económica estamos xudicializando porque estase demostrando que o que se está facendo non é realmente o correcto e así se demostran as sentenzas e se demostrarán as que saldrán. Eu creo que a veciñanza do Porriño non debe admitir isto. E logo van rirse das empresas, porque achacarlles que o Partido Popular que non cobra cando é realmente o goberno municipal o que non paga as facturas, hai que ter moita “jeta” para facer iso e logo tamén para dicilo.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!