Galicia volcase con Palestina

Máis de 80.000 persoas manifestaron en Santiago de Compostela contra o xenocidio e a ocupación

Santiago de Compostela | Baixo o lema “Galiza con Palestina. Dous anos de xenocidio, 77 de ocupación” e convocados pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, unhas 80.000 persoas e máis de 200 entidades sociais manifestaron na Praza do Obradoiro da capital galega contra o xenocidio e a ocupación israelí de Palestina.

A lectura do manifestó correu a cargo de Ánxela Gippini, de Galiza por Palestina, quen esixiu “parar o xenocidio e permitir a entrada da axuda humanitaria”. Pola súa banda, Sara Ashour, da Asociación Galaico-Árabe Jenin, criticou que o acordo de paz de Donald Trump “non é un verdadeiro acordo de paz, porque todas as vidas valen o mesmo”. Na manifestación estiveron igualmente presentes representantes de partidos políticos como o BNG, PSdeG-PSOE e Sumar, ademáis da Confederación Intersindical Galega (CIG)

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.