Folga do sector do metal de Ourense en demanda de mellores salarios

Dúas xornadas de manifestacións polas rúas da cidade

Ourense | O sector do siderometal está en folga, con dúas xornadas de protestas, mércores e xoves, mobilizado polos sindicatos UXT e CIG e traballadores. O obxectivo é lograr mellores condicións salariais e laborais, cun convenio colectivo digno, fronte ás propostas da patronal, como a inclusión dun día máis de traballo que en 2024, que non satisfán aos traballadores.

Os dous sindicatos convocantes piden un convenio a dous anos cun aumento salarial de cen euros ao mes, con actualización de IPC, así como unha xornada anual de 1.712 horas.

Onte mércores unha manifestación percorreu o centro de Ourense, entre a Casa Sindical e a sede da Confederación de Empresarios de Ourense, para visibilizar o conflito laboral. Segundo a CIG, o seguimento do paro na primeira xornada foi do 70%. O sector dá emprego a 4.500 persoas na provincia de Ourense. Na foto o paso dos manifestantes pola Praza Maior.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.