Festival Folclórico Galaico-Astur en Monforte

Aires de Asturias, de Villaviciosa e Agrupación Folclórica Levamos, actuaron na Praza de España

Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, asistiu ó Festival que se celebrou na Praza de España xunto con Gloria Prada, tenente de alcalde; e as concelleiras de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, a de Consumo, Regina López e o de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz.

O festival, organizado pola Agrupación Folclórica Lemavos, coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, contou coas actuacións de dúas agrupacións folclóricas, o Grupo de Danzas, “Aires de Asturias” de Villaviciosa e a “Agrupación Folclórica Lemavos” con un repertorio de música tradicional, no que a gaita, a percusión e o baile, foron os protagonistas. A Praza de España encheuse dun público que desfrutou dun amplo repertorio de cancións e bailes tanto da tradición galega como da asturiana.

O alcalde fixo entrega duns obsequios en recordo da celebración do festival ó tempo que unha representante da agrupación “Aires de Asturias”, entregou a José Tomé unha caixa de sidra como símbolo representativo da cultura e tradición asturiana.

Este festival forma parte das iniciativas que apoia o executivo de Tomé para dar a oportunidade a este tipo de agrupacións culturais sen ánimo de lucro, de dar a coñecer o traballo que realizan durante todo o ano con unha posta en escena privilexiada e na que se pon en valor, as tradicións e a cultura transmitida polas xeracións pasadas que forman parte da nosa riqueza cultural e que é preciso conservar.

O público tivo ocasión de escoitar e desfrutar do amplo repertorio ofrecido polas dúas agrupacións que participaron, que deron mostra da riqueza folclórica tanto de Galicia como de Asturias.