
Salvaterra de Miño | A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro presentou no Pazo de Barreiras de Salvaterra a programación da Festa da Sementeira que se levará a cabo os días 8, 9 e 10 de maio.
Ademais das xornadas específicas para a CRA A Lagoa, ACCESCA e ADAPTA destacan os concertos de Bareixa, Storrentos, Sapoconcho Sem Poncho, Meizoi, Os Varuncas, Kortalumes, SÉS, Orquestra Bravú Xangai, o Caimán do Río Tea, os DJs de la Duendeneta, Sons da Raia, Naiama, Os Carunchos, Hijos de Puchini, os Festicultores Troupe, Xa e Sons das Tabernas. Tamén haberá espectáculos infantís con Duende Circo, gastronomía, artesanía e unha exhibición de tractores clásicos no Muíño da Ponte. O pregón correrá a cargo da Cofradía do Txuletón.




