Festa da Cervexa en Moreira

A parroquia ponteareán celebrou este 19 de xullo

Ponteareas | A parroquia de Moreira, en Ponteareas, celebrou este sábado 19 de xullo a súa Festa da Cervexa cun nutrido programa cargado de actividades musicais e tamén de gastronomía compartida. No centro cultural de Moreira sucederanse os concertos que comezan ás 12:00 horas con Adrede Solista Pop e continuan ás 17:30 horas con Manu Pereyra. O turno de Black Lovers chega ás 20:00 horas, seguidos da Wilson Band ás 21:30 horas e do Caimán do Río Tea ás 23:00 horas.

A música en directo fará un parón ás 00:00 horas para que o público goce da tirada de fogos artificiais pero a festa continuará ao remate do espectáculo pirotécnico e ás 00:005 horas ter´alugar a sesión DJ. Unha xuntanza moteira completará o programa que nos fará desfrutar do verán este sábado na parroquia de Moreira.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González, xunto á alcaldesa e concelleiros do goberno, arrouparon a presentación do cartel desta terceira edición. “O traballo das casas e centros culturais ten todo o noso recoñecemento porque desenvolven un papel fundamental na dinamización social, cultural e festiva e son capaces de cohesionar os barrios por iso dende o Concello non só lles tendemos a man, tamén tentamos sempre que é posible participar nas súas actividades”.

“Case a metade da poboación de Ponteareas reside nas 23 parroquias do rural, as festas que organizan as casas e centros culturais prolongan as tradicións e promoven o encontro entre veciñas e veciños e iso é unha riqueza que sabemos valorar”, explica a alcaldesa.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.