Feijóo non reacciona ante o atraso histórico das comunicacións

Galiza | O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, lamenta que o presidente da Xunta acudira a Madrid, a aceptar un novo incumprimento nos prazos do AVE pero sobre todo “dóenos a postura compracente do presidente galego ante a inxustiza histórica das infraestruturas ferroviarias no país”.

 

Piñeiro Docampo afirma que o do AVE “está privando o noso progreso” pero tamén aclarou que en materia de ferrocarril “seguimos xogando na Segunda División” con trens antigos, vías deficitarias e “sen un enlace co norte de Europa, fluxo tradicional do comercio galego”.

“Temos a memoria viva de Angrois e do Porriño” manifesta Juan Carlos Piñeiro que lembrou a proposta de Compromiso por Galicia de que o país conte cun operador galego como teñen en Cataluña, Euskadi e Andalucía.

“O presidente que dixo que Galicia non sería menos ca ninguén demostra que as súas palabras non valen” conclúe Piñeiro.