Ourense | Celebrase en Ourense a segunda edición da iniciativa Estudios Abertos. Entre o 24 e 26 de outubro 19 talleres abrirán as súas portas para expor os traballos de máis de trinta artistas. A cita presentouse diante do museo municipal pechado “por incompetencia municipal”, segundo manifestaron os artistas.
“Isto é unha feira de arte que está descentralizada, na que os espazos son os talleres dos propios artistas, nos que vamos poder ver obra pero non como se ve nun museo”, explicou Tomás Lijó, representante de A Maquinadora, asociación organizadora, que destaca que se vai a poder ver a obra rematada, en proceso e mesmo aqueles traballos descartados polos artistas.
çAlgúns dos estudos están repartidos pola cidade e outros en Allariz, Bobadela, Taboadela, Esgos, Xunqueira de Espadanedo e Bande. Para os que non teñan medios para achegarse ata eles hai organizadas rutas de autobús, para as que hai que cubrir un formulario na web de Estudios Abertos gratuito, pero con límite de prazas. Na foto a concentración e presentación nas portas do que foi Museo Municipal da cidade.