
“Si algunha vez tes unha segunda oportunidade na vida, tes que ir ata o final”.
Lance Armstrong (1971) Texas, ciclista, despois de ter superado un cancro de testículos, gañou 7 Tours de Francia.
O PP goberna na Galiza, 17 anos. Primeiro Feijoo e logo Rueda; tempo tiveron, si quixeran, de solucionar os graves problemas da Sanidade Pública Galega. O orzamento anual que tiñan, vai dende 10.000 m. de e. no 2008 a 14.200 no 2026: cartos tamén tiveron! A política de desmantelamento, tanto da AP como da AH, foi unha máxima que sempre practicaron e como consecuencia, cada ano, prodúcese máis deterioro do Sistema, cunha privatización galopante.
No remate das negociacións para a resolución do conflicto na AP, no 2019, logo da desconvocatoria de folga dos días 9, 10 e 11 de abril, creóuse o Consello Técnico (CT) de AP, con 15 Comisións Técnicas, con 209 persoas nelas. O Obxetivo era poñer as bases do Novo Modelo de AP de Galicia realizado na Comisión nº 9: “Multidisciplinar, para establecer os mapas de competencias dos diferentes estamentos profesionais de AP”.
Todos os integrantes do CT, na Comisión 9, fumos quen de realizar un documento, por consenso. Participaron moitas entidades, que consolidaron un informe moi amplo e importante, pois contempla a incorporación de todalas categorías profesionais na AP, para traballar nos Centros de Saúde e PACs e así poder realizar unha Atención Integral. O 19/06/2025 foi aprobado no CT, por unanimidade!
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, formou parte do CT, dende o minuto un e presentou as súas propostas. Traballamos 6 anos no proceso. En decembro do 2024, a propia Consellaría decide continuar ca Comisión 9 para terminar de elaborar o Novo Modelo de AP. Por consenso, fumos elaborando as conclusións cun informe final, a partir das alegacións de cada unha das entidades. Dende a AGDSP queríamos que participaran (e participaron): Psicólogo(as Clínico/as, Logopedas, Terapéutas Ocupacionais, Farmacéuticos, Matroas, Fisioterapeutas, Odontólogos, Persoal de Servizos Xerais, etc. As súas aportacións foron fundamentais para a elaboración do informe final.
“A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública formou parte do CT dende o minuto un e presentou as súas propostas”
No punto 1. Introducción, dí: “No CT de AP do 12/12/2024, acordouse a convocatoria dunha xuntanza da Comisión Sectorial nº 9, multidisciplinar, dándolle cabida ás novas categorías profesionais de AP para traballar nas propostas de mellora organizativas e estructurais cara o Novo Modelo de AP.“ Este documento parte da Estratexia Galega de Saúde 2030: Liñas de Actuación…
No punto 2. Obxetivos: “Esta Comisión ten como Obxectivo o establecemento de propostas de mellora organizativas e estructurais cara o Novo Modelo de AP”.
O traballo foi arreo…e o documento saíu. Moitas persoas e entidades quedáronse no camiño, pero ata 23 entidades permanecimos activos e fumos quen de dar forma a un documento, no que, si a administración quere, ten un Novo Modelo de AP na Galiza. A Comisión 9, vai seguir reuníndose; dixemos sempre que era aberta e que permite a incorporación de novas persoas e entidades, e que, co paso do tempo, desas 26 páxinas iniciais, co seu desenrolo, teremos un documento o que podamos acudir para resolver a problemática da AP na Galiza.
Puxemos varias condicións para seguir traballando: que fose dinámico, que fose aberto e que ningunha das cuestións que fixera a administración, si non era por consenso, dixera que son “co aval do CT”. E así se fixo.
Entre as propostas do documento, están: aumentar ao 25% o orzamento para a AP, a creación das Xerencias de AP (suprimidas polo PP), desburocratización das consultas, eliminar a sobre demanda, incorporación de novas entidades aos Centros de Saúde, acabar ca marxinación da AP e a pobreza de recursos. Dotala de autonomía de xestión. Desmedicalizala, potenciando e ampliando os equipos multidisciplinares, para poder prestar unha Atención Integral. Servizo HADO por necesidades non por distancia. Non máis de 30 persoas por día de consulta. As 35 horas semanais (xa pactadas en Mesa Sectorial no 2023 e non aplicadas a todolos profesionais). Desaparición dos FEAP. Incrementar o papel e a responsabilidade da AP nos Plans de Saúde. Participación da cidananía e os profesionais no Consello de Saúde de Galicia e nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria. Mellorar a accesibilidade aos centros. Políticas de Incentivación, Formación e Investigación en AP. Facer da AP o eixo vertebrador do Sistema, orientando a súa actividade a satisfacer as necesidades reais e sentidas polos profesionais e a poboación.
No documento final, están medidas para implementar xa, que non precisan recursos económicos e outras que sí (necesitamos unha Memoria Económica para levar a cabo o que propoñemos)
Xosé Mª Dios Diz. Médico especialista de AP de Outes.




