“O Sr. Alcalde está inxerindo as sáus propias medicinas”

Juan C. Carrera | ACIP

NDEA_Juan Carlos carrera ACIP

No concello de Ponteareas houbo cambio de goberno o pasado ano. Tempo suficiente como para darle un leve repaso a como están discurrindo as cousas. Para este menester quen mellor que un concelleiro que xa pasou por todos os cargos da Corporación. Estivo na Oposición ,logo pertenceu ao equipo de goberno, con responsabuilidades, e agora volta a estar na Oposición. Pensamos que o seu equipo mellor que calquera outro podería darnos unha visión máis axustada da situación. Con esta intencionalidade traemos esta  entrevista.

Sr. Carrera, defíname o seu partido dende un punto de vista ideolóxico? A ACIP é de dereitas, de esquerdas ou transversal, como se di agora?
Nos mantémonos nos mesmos parámetros de cando nos presentamos por primeira vez. Daquela existían sectores sociais do concello de Ponteareas que entendían as cousas podían facerse doutra maneira. No meu partido hai xente de esquerdas, de dereitas e outros que puideran chamarse de centro. Nun principio díxose que iamos pactar co PP; non foi así; logo tivemos negociacións co BNG e cos socialistas para conformar un gobernó,…Como pode verse nós seguimos no mesmo punto: traballar polos intereses dos veciños e veciñas de Ponteareas independentemente de cómo se sintan ideolóxicamente. Agora sae Podemos e di que o deles é defender as necesidades dos cidadáns sexan dunha ideoloxía ou doutra. Nós xa o fixemos anos antes. Non estamos de acordó con moitas propostas de Podemos pero no que atinxe a defender aos máis necesitados sí estamos de acordo.

Podemos pensar que os afiliados do seu partido puideron votar por Podemos?
Obviamente. Por Podemos , por Cidadáns, …nós damos libertade de voto cando se trata dunhas eleccións xerais.

Ti eres un político local que tocaches todos os paus do gobernó local. Estiveches gobernando, con responsabilidade concreta; logo estiveches na oposición; agora voltas a estar na oposición; podemos dicir que coñeces ben as tripas da gobernabilidade deste Concello. Imos centrarnos en cousas concretas. Por exemplo: tema FCC (empresa da recollida do lixo). O PP di que a empresa está cobrando de máis e que ten que devolver cartos; o alcalde di que o Concello lle debe cartos á empresa. Cal é a realidade que ti coñeces ben?
Non importa o que digan nin quen o diga. A realidade é que o 30 /11/2014 tomouse un acordo por maioria para esixirlle á empresa a actualización da forma de cobro que non era a correcta. O Consello consultivo de Galicia da a razón á Corporación e di que a forma de pago é incorrecta; que estamos pagando demais na factura do lixo. Máis de cento i pico muil euros ao ano. Ou sexa, hai que fascerlle a liquidación a empresa cinco anos , contando o 2015, para atrás. Segundo os técnicos municipais, que non os políticos, esta empresa leva cobrado máis de 800 mil euros ao concello indebidamente.

Que pasa co gobernó actual, presidido polo Sr. Represas?
Cremos que se equivoca porque argumenta que a empresa reclama ao concello intereses dunha débeda anterior que suman 300 mil euros; pero esquence que a empresa adebeda máis de 800 mil. En resúmen, nós propoñemos que se lle paguen os 300 mil e se lle cobren os 800 mil. A favor do concello máis de medio millón de euros que son palabras maiores.

Cal é a razón de pola que o actual goberno non reclama eses cartos? Por que o Sr. Alcalde non executa ese acordó plenario?
Eu podo pensar en moitas cousas que non vou a dicir, pero o que si digo é que o Alcalde está incurruindo nun posible delicto de deixación de función que pode resultarlle perigoso. Ten algo que ver todo isto coa folga de basuras do Corpus do pasado ano? Isto terá que respostalo o Sr. Represas.

Vexamos agora outro tema de disputa entre g oberno e Oposición: unha débeda de 400 mil euros á Facenda do Estado que o gobernó actual di ser un marrón máis que lle deixou o gobernó do PP. Que hai de certo nesta acusación?
Non existe tal débeda, como a prantexan dende o gobernó. É de funcionamento habitual e legal que a Facenda libre unha cantidade de cartos aos concellos que logo estes teñen que certificar foron ben empregados. Se faltan por xustificar algunhas cantidades teñen que ser devoltas á propia Facendo do Estado. Non son débedas, son liquidacións pendentes para as que dan longos prazos. Concretamente para esta aparente débeda aprobouse nun opleno pagala en dez anos. Logo non é de recibo sair aos medios dicindo que o gobernó anterior deixara unha débeda de 400 mil euros. Este mecanismo de devolución de cartos á Facenda existe á marxe do color do partido que goberne. Cando o goberno anterior solicitaba a aprobación do pago de anos anteriores era o BNG quen argumentaba que se estaban hipotecando aos futuro gobernos. Agora solicitan o pago a dez anos. Que cambiuo, logo? Cambiou que non é o mesmo estar na Oposición que no goberno. Este asunto non debeu sair dos papeis internos do concello porque é unha mentira que se trate dunha débeda herdada.

Outro tema de discusión local é a Estación de Autobuses. É certo que lle está costando cartos ao Concello? Cantos, aproximadamente?
A Estación de Auitobuses nestes momentos ten un custe ridículo para o Concello. Agora mesmo non hai traballadores e só se paga a limpeza O concello cobra os alugueres das empresas que alí prestan servizos ; non é suficiente pero o que falta é unha cantidade ridícula. O grave é a presencia dun traballador de Protección Civil abrindo e pechando a Estación. Nós estamos en contra disto; entendemos que é unha ilegalidade que está cometendo o Concello. Se a Xunta non se fai cargo porque non atopou quen acudira ao concurso público que fixo, terá que ser o Concello quen siga responsabilizándose, porque se trata dun servizo para os veciños/as, pero acto seguido ten que esixir por medio dun convenio que a Xunta se faga cargo de todos os gastos ata que poida ser adxudicado o servizo a unha empresa ou particular. Aquí o único problema é a distinta cor política do gob erno local e o da Xunta de Galicia.

Respasemos agora outras tirapuxas entre o PP (gobernó anterior) e o actual, representado na persoa do Sr. Alcalde. O PP denuncia o imcumprimento da Alcaldía por non levar a Pleno as mocións que os populares presentan. Din que pasan meses e o alcalde non só nos as inclúe na orde do dia senón que as desfigura, tratando de presentar como propio os contidos das mesmas en actuacións do Goberno. Que hai de certo en todo isto? A ACIP tamén lle ocorre o mesmo?
Aquí dase unha curiosa coincidencia. O que agora fai o Sr.Represas é o que lle criticaba ao anterior goberno , pero moito máis cargado ao bombo. Está na Lei de Administración Local que a Oposición ten o dereito de presentar as mocións que considere oportunas, dentro das limitacións que lle confire o número de concelleiros que teña o seu grupo. O Sr. Represas está probando a súa propia menciña de cando estaba na Oposición. Daquela enchíaselle a boca coa súa representación política que lle permitia esixir ao gobernó a aceptcación das súas mocións. Entón dicia que el representaba, polo menos, aos veciños que o votaran. O que non pode facer o Sr. Represas é utilizar agora outra vara de medir. Isto non é coherencia política; isto é camaleonismo político. Retrasar as mocións para darlle tempo ao goberno a remendar, dalgún xeito, o que nelas se denuncia ou se propón e logo declarar, sen poñerse bermello, que non é preciso presentalas porque o seu contido xa está resolto polo goberno, parécenos miserable, políticamente falando. É certo o que denuncia o PP; e é máis, nós estamos estudando ir a un contencioso diante da negativa do Alcalde a facilitarnos certa documentación que solicitamos. Dinos que é materia reservada. Nós dicimoslle que calquera documento que teña que ver coa vida municipal , por lei, ten que estar a disposición de calquera membro da Corporación. Nad aeu teña a ver co gobernó local pode ser secreto para os concelleiros, do gobernó ou da Oposición. Así o di a Lei.

Falemos agora dos novos orzamentos. Xa os coñecedes os da Oposición?
Ata agora deronnos un documento estéril porque non reflexa nada de nada. Total de ingresos, total de gastos sen especificar en que partidas van ser gastados os cartos, que se vai pagar coa partida de gastos. Canto leva o Capitulo 1 de personal. E así ata o infinito. Fálase da dotar unha partida de gastos sociais con 90 mil euros, coma se iso fora unn logro. Nós temos proposto, xa en orzamentos anteriores, que un concello cun presuposto de 13 millóns de euros debe destinar, nestes momentos de crise, polo menos 300 mil euros para o capitulo de gastos sociais. Pedimos que se dote de libros de texto aos alumnos, que son moitos , que non poden mercalos. Hai familias vivindo, mellor malvivindo, en condicións extremas que precisan axuda para comer e para pagar a luz. Esas deben ser as nosas primeiras preocupacións nestes momentos. Teño noticias de que polas aldeas xa coñecen os presupostos. Está ben ; pero cando pensan presentarllelos aos grupos da Oposición? Falo de presentar documentos detallados de ingresos e gastos, non unha folla con cantidades terminais que non se sabe de onde saen as cousas nin canto van pagar os servizos. Resumindo; aquí poderiamos aplicar aquel refrán que di “detrás de min virá quen bo me fará”. Está ocorrendo. Eu aconsellolle ao Sr. Represas que faga agora o que predicaba cando era Oposición, Nada do outro mundo. Que sexa coherente senon perderá toda estima como político. Un político sen estima non debe ser representante dun pobo.