Sober | O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta tarde na inauguración do Encontro Nacional Ribeira Sacra de Emprendedores Creativos e Creación e Ecosistemas Sostibles que se desenvolverá en disintas localizacións da Ribeira Sacra desde este xoves ata o vindeiro domingo, 29 de xuño.
Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia salientou a importancia de novos proxectos emprendedores ligados ao territorio que toman como porto de partida o desenvolvemento turísticos dos destinos, que “se amosado como un auténtico dinamizador económico e social”.
Xosé Merelles subliñou ademais que “nuns tempos de constante evolución e demanda de iniciativas cada vez máis innovadoras e sostibles, a creatividade é, sen dúbida, un dos camiños a seguir para asegurar o progreso e tamén o desenvolvemento dos territorios”.
Por outra banda, puxo en valor que esta cita se celebrase na Ribeira Sacra, “unha das xoias da oferta turística de Galicia, onde a sostibilidade é un seus principais valores”. Neste sentido, salientou a aposta da Xunta de Galicia por reforzar a sostibilidade deste destino con proxectos no territorio, financiados con fondos europeos, que supoñen un investimento global de 4M€.
Xosé Merelles referiuse ao bo comportamento turístico deste xeodestino que en 2024 foi o segundo de maior crecemento en demanda turística, rexistrando un incremento de case o 14% con respecto a 2023.