Mos | O Concello e a Asociación de Hostalaría e Turismo BaresMos inauguraron a ruta de pinchos “A Volta nos Bares”, unha proposta gastronómica e social que se desenvolverá durante este mes de setembro con motivo do paso polo municipio de La Vuelta Ciclista a España.
En total, 23 establecementos hostaleiros participan nesta edición, ofrecendo pinchos especiais a 1 euro, cada un cun nome vinculado ao mundo do ciclismo. Os clientes poderán solicitar un “tapaporte”, no que irán acumulando selos por cada pincho consumido para entrar no sorteo de premios valorados en máis de 1.500€, incluíndo maillots de “A Volta” e diferentes bonos.