“En Galicia é complicado adicarse profesionalmente a ser actor ou actriz”

Manuela Varela | Actriz galega

Cres que hai un teatro propiamente galego, no sentido de funcións baseadas no gusto e nas realidades locais?
Hai un teatro galego en canto hai autores galegos moi importantes, que escribían e escreben tendo en conta a realidade galega, tanto da sociedade como do lugar. Galicia ten unha paisaxe, costumes e tradición propias e únicas. Agora estase a facer unha revisión de textos de autoras galegas e vidas das mesmas cuxa idiosincrasia está moi relacionada co momento que estamos a vivir.

Así estase a poñer en escena obras adaptadas, así como a vida de mulleres como Emilia Pardo Bazán ou Rosalía de Castro, defensoras da muller e de Galicia (sobre todo Rosalía nos seus escritos). Tamén están en escena algúns textos de Valle Inclán, estes escritores ambientan as suas obra nun mundo galego, rural, místico propio da nosa tradición.

Este tipo de teatro si está moi relacionadao coa realidade local a vivir, posto que estamos nun momento de ensalzar á muller e de loita contra o machismo. Os concellos de Galicia, que son as institucións que contratan, hainos aos que lles gusta e hainos que non e prefiren levar cousas mais amables e cómodas exentas de mensaxe ou polémica, ou hai concellos que lles gusta porque están mais en sintonía coas demandas da sociedade ou que queren axudar a abrir mentes.

En canto ao público, aquelas persoas que son público real de teatro gozan con todo, acuden a ver teatro porque entenden que ir proporciona unha experiencia moi enriquecedora. A arte en vivo. E este tipo de teatro gusta pois son coñecedores da cultura e das autoras. Se a hora de crear un teatro só se atendese ao gusto local, certamente sería mais doado facer só un teatro complacente, que o hai.

Hai compañías que se adican a facer só comedía lixeira carente de conflito e o que mais lles presta é vender funcións. Este Teatro non mira para as necesidades locais. Polo que eu distingo que está por unha banda o teatro que atende ao gusto e, pola outra banda, o que atende ás necesidades, entendendo como necesidades locais as que ten o público e a sociedade galega e non a necesidades.

“Hai compañías que se adican a facer só comedía lixeira carente de conflito e o que mais lles presta é vender funcións. Este Teatro non mira para as necesidades locais”

Da compañía de teatro que, como podes imaxinar, estas son as de vender a obra e ter funcións para poder sobrevivir como empresa e como traballadores. Tamén hai que subliñar que Galicia está no mundo cada vez mais globalizado, pódese viaxar a calquera parte e podes ver cousas por internet, isto abre posibilidades creativas.

Agora hai unha tendencia cara o teatro Xestual, teatro onírico, simbólico, este teatro pon en escena obras nas que a importancia está na estética pero non por elo carentes de mensaxe, así por exemplo a compañía Sarabela esta coa obra A lingua das Bolboretas que fala de cando estoupou a guerra civil en Galicia, cunha estética na que predomina o xestual, tamén o textual, pero o onírico esta moi presente con símbolos, danzas, obxectos (o realismo máxico e propio de Galicia creado por Cunqueiro). Ou a compañía Elefante elegante, que ten moito éxito no sector, ou Voadora que coidan moito da estética.

Este teatro xurde da necesidade do creador, observando as tendencias no mundo, e crean proposta fantásticas, con moita acollida polo público. Tratan temas locais e universais. E tamén está o teatro postmoderno, neste caso miran as eivas da sociedade, e denuncian o que acontece de xeito mais contundente e descarnado, con postas en escena mais austeras e poucos elementos. E tamén tratan tanto temas locais como universais.

Cal é o público do teatro na Galiza?
Hai varios tipos de publico, o de grandes cidades e o de concellos pequenos, o que ten o costume de ir e o esporádico. Como che comentei, unha compañía crea unha obra e en Galicia os concellos a contratan ou non, este é o primeiro filtro que unha obra de teatro ten que pasar.

“Hai varios tipos de publico, o de grandes cidades e o de concellos pequenos, o que ten o costume de ir e o esporádico”

O gusto, o compromiso, o coñecemento, o que quere proporcionar no seu concello, levar cousas que só agraden ou levar de todo (…) por parte do programador do teatro, o técnico de cultura ou o concelleiro de cultura (este último é un político polo que o que escolle sempre será en consonancia coa sua ideoloxía), o ideal é atopar un profesional que entende que a súa obriga (xa que falamos de contratar con cartos públicos) e proporcionar Cultura ao seu concello, e o poño en maiúscula por que trátase de levar un contido amplo, programar no seu teatro aquelo que agrade pero tamén teñen a responsabilidade de programar aquelo que remova por dentro ao espectador, lle amplíe os seus coñecementos, alimente a súa alma, agrande os seus ideais e pensamentos, os faga soñar, os saque da zona de confort (…) aínda que non agrade.

Tamén hai que decir que este do programador do teatro, o técnico de cultura ou o concelleiro de cultura vai programar en función dos cartos que lles otorgue o AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais, axencia que emprega a Xunta para partillar os cartos públicos) ou a Rede da Deputación de cada Provincia ou distintos organismos, así as grandes ciudades, como teñen mais poboación concédeselle mais cartos polo que as suas programacións son máis grandes, poden contratar mais espectáculos e mais regulares (case todos os fins de semana). Os concellos pequenos teñen menos posibilidades de contratación e tampoco teñen Teatros ou auditoros, a maioría contan co pequenos espazos adicados á cultura ou casas culturais, con pouca dotación, polo que contratan pouco e case sempre para complacer ao persoal.

O público que ten costume de ir haberá obras que lles guste mais ou menos pero son asiduos, logo está o público que non te o costume e vai moi pouco ao teatro, este normalmente acude a ver aquello que xa viu noutras plataformas, ou e fan dalgún actor, este público enche un día o teatro. Pero eu entendo que a nosa obriga non é encher teatros, que tamén e oxalá, só atendendo a necesidade deste último público senón que hai que crear pensando en cultura.

Cales son as túas funcións que sentes que máis che pertencen? Aquelas nas que conseguiches ser ti mesma sen ter que te adaptar aos gustos dos financiadores e/ou do público?
Eu son actriz e como mellor me sinto como estou mais cómoda é actuando. Tiven a sorte de traballar con destacadas compañías galegas como Teatro do Atlántico, a Internacional teatro, o CDG, Teatro Galileo, Espello Cóncavo, e na actualidade con Teatro do Noroeste. En obras moi diferentes, teatro infantil, de adultos, obras clásica, novas creación. Como actriz, o meu traballo depende do que quere o directo/ra e das necesidades da obra de teatro, o conxunto da creación escénica.

Algún destes directores/as ou compañías están suxeitos en maior ou menor medida aos gustos dos que contratan e do público, e outras compañías atenden a os seus propios gustos creativos. Eu como actriz estou atenta aos requerimentos do/a Director/a, pero hai un momento meu, que me pertence que xa non dependo de nada, só de min mesma e que gozo, disfruto, nútreme, e é cando saio ao escenario, eu actuando, sentindo o que está acontecendo, mais no presente que nunca, vivindo o momento o lugar o sentimento. Este é o meu momento, cando se abre o telón é fago o que mellor sei facer, interpretar.

Onde se fai teatro hoxe na Galiza?
En Galicia existe un sistema de circuitos culturais chamados REDES ás que se suscriben os concellos interesados en programar actividades culturais, entre ela o teatro. Unha é a Rede Galega de Teatros e Auditorios RGT. Nesta Rede, os concellos teñen que contar cun teatro ou un auditorio con boa dotación, estes teñen que cumplir determinados requisitos e reciben unha axuda por parte do AGADIC para a contratación.

“En Galicia existe un sistema de circuitos culturais chamados REDES ás que se suscriben os concellos interesados en programar actividades culturais, entre ela o teatro”

Estes concellos poden contratar obras de grande formato, grande embergadura pois contan con teatro e auditorios que o propician. Despois están as Redes das Deputacións, Galicia está formada por catro provincias e cada unha ten a súa diputación, os concellos dunha mesma provincia reciben axuda económica da súa Deputación correspondente, así os concellos de A Coruña que queren ter actividades culturais reciben axuda da Deputación de A Coruña, pero entre as actividades culturais que queren ter hai concellos que non lles interesa o teatro e non o levan ou concellos que non teñen ningún tipo de dotación, nin espazo onde poner unha obra e tampoco poden levar teatro.

Tamén está a Rede de Salas, neste caso a xestión é privada, quen as dirixe non depende dun concello (aínda que poden ter relación co seu concello) e un circuito alternativo, non dependen de criterios dun concello, poden levar calquera obra que lles interese, pero en Galicia contan con pouco presuposto e normalmente son espazos pequenos e a súa programación ten que ter en conta estes condicionantes.

Son espazos para teatro alternativo. A realidade é que o teatro en Galicia pode chegar a tódolos concellos, pode haber teatro en todas partes, depende da vontade do concelleiro de Cultura, do técnico de Cultura ou do programador do lugar, que os concellos teñan mais ou menos programación, que lles interese mais o teatro que outras actividades. Existe a posibilidade física de facer teatro en tódolos concellos.

Contando isto podese pensar que é todo marabilloso, pero a realidade é que a partilla de cartos que a Xunta de Galicia destina á cultura e moi pequena, polo que os programadores vense na obriga de atender as necesidades económicas para conseguir unha mínima programación.

Con esa cantidade teñen que cubrir toda a cultura (teatro, música, danza, mesmo festas) do concello, poden levar unha insuficiente cantidade de teatro, dase que non poden levar unha obra que lles gusta porque hai 8 actores e o caché e moi elevado, e se levan esa obra quedan sen gran parte do orzamento que adican a teatro e conformanse con levar outras obra de pequeno formato, ou levan a grande e reducen os días de teatro porque non teñen para pagar a outras compañías.

“A realidade e que as compañías non consiguen moitas funcións nun mesmo ano e os concellos programan pouco, todo isto polo recorte ao orzamento cultural”

A realidade e que as compañías non consiguen moitas funcións nun mesmo ano e os concellos programan pouco, todo isto polo recorte ao orzamento cultural, que se deu sobre todo durante a crise do 2008 e que nunca chegaron a recuperar a pesares de que a economía mellorou.

Creo que se pode facer teatro en tódolos concellos, pero non se vai ver todo o teatro que se fai en Galicia en tódolos concellos, porque só poden contratar unha mínima parte do que se fai. As compañías pasaron de ter unha media de 40-50 funcións a 20 nun ano, moitas desapareceron, outras resisten, e a dinámica e facer obras con poucos actores e de comedia para poder ter función, o que afecta á creatividade e ao principio da cultura.

Quen quere estudar teatro e dedicarse á carreira do actor, con que ferramentas pode contar e que posibilidades ten na Galiza?
As persoas que queren estudar teatro agora teñen moitos espazos aos que poden acudir. Está a Escola Superior de Arte Dramática en Vigo, onde preparar unha carreira con unha licenciatura final, aí podese formar en interpretación, dirección, dramaturxia e escenografía, é moi completa.

“As persoas que queren estudar teatro agora teñen moitos espazos aos que poden acudir”

Tamén hai academias nas que podes formarte, adestramentos mensuais para o actor/actriz ou cursos intensivos que imparten profesionais de todas partes, galegos, madrileños, vascos, asturianos, franceses, arxentinos (…) poden ser ofertados polas academias de interpretación, asociacións como a AAAG, AISGE, e centrarse en distintos aspectos da interpretación. Polo que en Galicia tes a posibilidade de formarte con persoas moi interesantes.

As ferramentas para a formación son moitas e variadas. Agora non se pode excluír a formación online, antes impensable neste oficio, pero esta pandemia amosou que pódense facer incluso cursos de expresión corporal dende casa. Ou con compañeiros/as doutras partes do planeta e a túa mestra en México.

Para adicarse profesionalmente a ser actor ou actriz, acceder ao mercado laboral, é complicado. Eu creo que deberían formarse tamén na creación de empresas-compañías, en saber cómo funciona este sistema de redes, cómo crear unha obra e saber distribuíla. Traballar nesta profesión por conta allea é complicado, a maioria das Compañías de teatro traballan con actores/actrices cos que xa teñen costume de traballar, por iso é interesante que ao saír da formación saibas xerar o teu propio traballo.

“Para adicarse profesionalmente a ser actor ou actriz, acceder ao mercado laboral, é complicado”

Pero para ser profesionais do teatro existen uns convenios laborais, pagar os ensaios, cobrar os ensaios, as dietas, as funcións segundo a categoría da túa personaxe son obrigas das Compañías e dereitos dos/as actores/actrices, que se teñen que respetar. Acadar estes dereitos foi unha loita da profesión durante anos e a ansia ou necesidade de traballar non pode pasar por ir contra os convenios, ir contra as leis dos traballadores. Pero entendo que hai que mellorar o sistema, ten que haber novas fórmulas, sobre todo esixir que melloren e aumenten as partillas económicas da Xunta adicadas ao teatro.

Destruír as infraestruturas creadas non beneficia a ninguén pero si hai que melloralas, hai que construír sobre o creado para que nos favoreza e inclúa a tódalas persoas que nos adicamos ou queremos adicarnos ao teatro profesional.

“Eu entendo como teatro profesional aquel que cumpre todos os convenios e cando a túa adicación é completa”

Eu entendo como teatro profesional aquel que cumpre todos os convenios e cando a túa adicación é completa, vamos que a túa economía, e o teu prato de comida dependen en grande parte do teatro, de calquera outro xeito para min é teatro afeizoado. Se non pagan ou non cobras ensaios é teatro non profesional por moita calidade que teña a obra de teatro, se non pagan ou non cobras o que din o convenio non é teatro profesional, tratase dunha competencia desleal tendo en conta as Compañías de teatro que fan esforzos titánicos para cumprir coas leis laborais.

Entrevista realizada por Silvia Corelli orixinalmente en italiano.