Arbo | Con motivo da XXX Festa da Lamprea Seca, o Concello de Arbo organiza unha nova edición da Festa da Bicicleta, que terá lugar o 10 de agosto con saída na praza Consistorio ás 10 am e con regreso á Carballeira de Turbela, lugar onde se desenvolverán as actividades da Festa da Lamprea Seca, con sorteos para o/as participantes.
Segundo o Alcalde Horacio Gil, a “Festa da Bicicleta busca consolidarse como un espazo de encontro e promoción do deporte, valorando así o patrimonio local, a natureza e a paisaxe”.