Salceda de Caselas | Mediante comunicado emitido este 20 de xuño a Executiva Municipal do PSOE-PSdeG de Salceda anunciou a súa dimisión porque se prohíbe votar á militancia para elixir democraticamente aos seus órganos de goberno locais. A continuación reproducimos o comunicado íntegro:
“A Agrupación Socialista do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, en relación a presentación dás renuncias dos membros da súa Comisión Executiva Municipal e dos membros do Grupo Municipal Socialista, quere realizar as seguintes consideracións:
• O sentir da militancia Agrupación Socialista de Salceda é unánime, tanto en relación á consideración dos feitos que teñen desencadeando estas renuncias como no apoio que se brinda as persoas da agrupación que as levaron a cabo.
• A Comisión Executiva Provincial de Pontevedra, unha vez que a nosa Ex Secretaria Xeral lles anunciara a súa intención de non volver a presentarse a reelección para dar paso a unha nova executiva municipal, iniciou unha serie de conversas con varios membros da comisión executiva municipal e do grupo municipal socialista.
Nesas conversas entre a Comisión executiva Municipal e a Comisión Executiva Provincial producíronse discrepancias importantes en relación coa política de oposición que había que realizar na presente lexislatura amosándose o desacordo do sentir xeral da agrupación coa opinión da Secretaría de Organización Provincial.
• Por outra banda nesas conversas a Comisión Executiva Provincial trasladounos a firme intención de paralizar o proceso de renovación orgánica local prohibindo a celebración dun congreso local para a elección dunha nova executiva municipal.
Os motivos polos cales se ía impedir a celebración dun congreso local nunca foron fundamentados nin pola CEP nin pola CNG non estando xustificada a paralización do proceso de renovación municipal.
Tras varios intentos de negociación coa Comisión Executiva Provincial para marcar as estratexias políticas futuras é elixir unha executiva de consenso, nada puidemos lograr, xa que recibimos resolución da Comisión Executiva Nacional Galega, a instancia da Comisión Executiva Provincial, na que xa se nos prohibía a celebración da asemblea de renovación de órganos locais, finalizando así as nosas posibilidades de exercer os nosos dereitos de elixir os órganos locais que van a rexer os destinos da nosa agrupación nos vindeiros anos.
• Como consecuencia de todos estes feitos a totalidade das persoas membros da nosa Comisión Executiva decidiron renunciar así como o noso voceiro municipal e o seu compañeiro no grupo porque consideraron que a resolución emitida pola Executiva Nacional Galega, a instancias da Executiva Provincial, vulnera os dereitos democráticos das persoas militantes da nosa agrupación para elixir os seus órganos de goberno e o futuro candidato ou candidata do partido para encabezar a lista nas vindeiras eleccións municipais e impide o cumprimento do acordo polo que se lle daba apoio de investidura a actual alcaldesa e non se entraba a participar no goberno local.
Queremos amosar a nosa tristura polos feitos acontecidos. Sabemos que aquela persoas que renunciaron aos seus postos na executiva municipal e a ser concelleiros do grupo municipal van a continuar mantendo unha militancia activa e comprometida. Serán sempre persoas socialistas de corazón e por convicción pero que non poden entender como as meras diferencias políticas condenaron á militancia a perder os seu dereitos para elixir ás persoas que consideran máis axeitadas para representalas e dirixir con éxito a nosa agrupación.