Dez artistas ourensáns expoñen en Ponte Vella

Compromiso do centro comercial coa cidade e a súa cultura

Ourense | O centro Comercial Ponte Vella acolleu, na segunda planta, a exposición colectiva primeira reunión de artistas de Ourense “AtopARTE no canto de EnfronTARTE. Cultura versus? Comercio”, un proxecto que reúne obras de pintura de dez artistas afincados na cidade e que propón un diálogo aberto entre arte, espazo e vida cotiá.

O acto de presentación contou coa presenza dos artistas participantes e numeroso público, convertendo a contorna comercial nun espazo de encontro cultural. A mostra expón unha reflexión sobre a relación entre cultura e comercio, apostando por unha arte viva, social e conceptual, con vocación crítica e un punto de provocación, integrado na experiencia diaria da cidade.

Participan na exposición: Rebeca García, Paulo Gominho, César Prada, Leandro Sánchez, Antonio Carrera, Gill Bird, Olga Reinoso, Susi Ballester, Lola Veiras e Fernando Eiriz.

Con esta iniciativa Ponte Vella transfórmase nun escenario artístico aberto ao espectador, onde pintura, pensamento e vida cotiá entrelázanse, reforzando o papel da arte como ferramenta de diálogo e reflexión colectiva.

Jorge Bermello, responsable de Ponte Vella, destacou o compromiso do centro comercial coa cidade e coa súa cultura. “Cando os comerciantes da cidade concibÍmos Ponte Vella, queríamos facer algo máis que simplemente vender. Queríamos ser útiles a Ourense e aos ourensáns. Cumprimos 25 anos e posiblemente é dos momentos en que síntome máis feliz”, afirmou.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.