Deputación da Coruña insta á Xunta maior orzamento para os “Programas Integrados de Emprego” (PIE)

Para fortalecer o emprego nos Concellos coruñeses

A Coruña | O pleno da Deputación da Coruña aprobou unha moción instando a á Xunta de Galicia a aumentar o orzamento para a execución de Programas Integrados de Emprego (PIE)  xestionados polos concellos e que, cando menos, non sexan inferiores aos do  exercicio anterior e contribúan a paliar o impacto económico negativo que está a causar a pandemia da Covid-19. A moción foi aprobada cos votos favorables de PSOE, BNG, Marea Atlántica (impulsora da moción) e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular.

No texto aprobado polo pleno ínstase á Xunta a realizar un incremento do orzamento previsto para a execución de programas integrados por entidades locais no bienio 2020-2021 e que, cando menos, sexa igual ou superior que o ano anterior e non inferior ao previsto para as entidades sen ánimo de lucro

Mentres que en 2019 o PIE concedeu 5 millóns de euros para entidades locais e outros 5 millóns para entidades sen ánimo de lucro, para o ano que ven dispuxéronese 6,7 millóns para entdiades e 1,6 para entidades locais, un notabl recorte que afecta especialmente aos concellos máis pequenos e rurais, que carecen de recursos propios para aplicar políticas activas de emprego.

A Deputación da Coruña reclama que o programa se adapte ao novo contexto producido tras a aparición da pandemia “para que os concellos e entidades locais poidan, verdadeiramente, axudar aos veciños na inserción ou reinserción laboral”.

No debate en pleno lamentouse que a Xunta debilitara os  PIE no ano de maior orzamento do goberno galego e no que máis se necesitaban para facer fronte aos efectos negativos da COVID19 no emprego.