Dádeme unha Escola e cambiarei o mundo.

Diante da ocurrencia  da Presidenta da Comunidade de Madrid de  revisar os libros de texto  para que non teñan contidos que ela non acepta, ocórresenos reflexionar sobre a escola como arma de cambio, como fermento dun mundo mellor.

Claro que isto sobrepasa a intelixencia da Sra. Ayuso, alomenos polo que nos ten ofrecido.  Sen decatarse estase a converter no paradigma do político que resulta aupado a cargos de poder non pola súa  valía senón pola “confusión cultural” propia destes momentos. Os madrileños/as están sendo víctimas das súas propias confusións. Non foron quen de decatarse que non todo o pescado que se ofrecía na praza da abastos política era de fiar, estaba en bo estado de conservación; valía para alimentar o futuro dos seus fillos, no eido da educación.

Pero volvamos a intención da Presidenta madrileña de cambiar os libros segundo o seu contido que, por suposto, non vaia na línea que ela ten nesa súa cabeciña de chorlita.
Aínda que parece unha muller xove, está demostrando unha senectude perigosa.

“Hoxe unha escola moderna e actualizada é aquela que está convencida que pode mover o mundo”

Descoñece que hoxe nos Centros educativos de Madrid e do resto do Estado o ensino xa non se limita aos contidos dos libros de texto; hoxe unha escola moderna e actualizada é aquela que está convencida que pode mover o mundo, que a formación dos seus alumnos/as debe facerse seguindo pautas educativas que xa se coñecían anos atrás pero que os Centros, mellor os corpos de inspección dos mesmos (ese corpo da Administración educativa que non se sabe ben para que foi creado e para que serve nestes momentos), non consideraban necesario poñer en practica, aconsellar aos educadores nesa línea e facer que a escola sexa esa palanca que nos fala Arquímedes que pode mover o mundo.

Hoxe os coñecementos son globais. Unha clase actual de calquera nivel pode abarcar varias materias. A curiosidade dos alumnos é tal que están encantado de participar nun proxecto que lle prantexan os profesores e que se vai levar a cabo en conxunto, non só cos compañeiros da sua clase senón temán cos de outras aulas, tantos superiores coma inferiores. Unha clase de lectura, por exemplo , pode comprender temáticas diversas; dende o coñecemento histórico dun pobo, que pode ser o propio, ata a conservación das prantas en invernadero e en contraste coas que crecen en liberdade. Poden descubrir países cos seus ríos e a súa historia. Como vivían nos séculos pasados os nosos antepasados, etc, etc,  Todo iso está nos libros. Todo depende do guión que os profes teñan desenvolvido en conxunto.

Os pedagogos actuais dinnos que a adquisición de coñecementos non pode ser por medio de compartimentos estancos; se o mundo é global temos que estudialo globalmente. Isto aos rapazes e rapazas dos nosos centros encántalles. Vense protagonistas de descubrimentos que tomando como modelo calquera científico/a ou calquera historiador/a os leva a constuírse en novos investigadores. Sempre se soubo que a curiosidade é algo innato nas persoas, pero nos escolares forma parte do seu ADN vital.

Esa idea de que hai nenos/as que non sirven pro estudio só demostra a ignorancia pedagóxica de quen iso afirma. Unha escola pode mover o mundo. Claro que sí. Só se precisa que os centros estean  a altura das necesidades dos educandos. Por iso considero que a Sra. Ayuso está fora de bolos.

Na súa egolatría desmedida non se decata que os centros de ensino non son almacéns de nenos/as aos que se lles pon diante un texto que teñen que aprender de memoria. Iso eran tempos pasados. Hoxe os textos nas escolas poden ser suprimidos perfectamente. Non pasaría nada anormal. Claro que para ese salto, que xa se está dando en moitos centros, precisase que os responsables das aulas se poñan as pilas para responder a esas inquedanzas naturais que dominan a vida dos nosos educandos.

Isto lévanos ao mesmo punto de partida. O problema que asola esta pel de touro é o resultado dunha educación e formación deficitaria durante os últimos 40 anos, por poñer unha data. Tal vez deberíamos dicir dos últimos séculos e non estaríamos errados. Poñamos en marcha unha auténtica revolución educativa. Invirtamos recursos na preparación dos educadores e formadores.

“Dotemos aos Centros das ferramentas que nestes momentos están xa en disposición de colaborar no proceso educativo”

Dotemos aos Centros das ferramentas que nestes momentos están xa en disposición de colaborar no proceso educativo; obviamente, sempre baixo a vixianza  dos persoal educativo para que non se cometen desvíos no proceso educativo. As ferramentas son aceptables pero hai que saber manexalas e dedicarlle o tempo imprescindible para que non substitúan a creatividade persoal de cada alumno/a que debe ser un proceso continuo nunca sustituido por unha máquina.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»