• Segue conectado
  • |

Cruz Vermella anima os cidadans de Ponteareas unha vez mais a adicar parte do seu tempo libre ó medioambienteo

Un novo grupo de voluntarios recibirán formación básica en medio ambiente no mes de Setembro

Ponteareas |  A Asemblea Local de Cruz Vermella de Ponteareas, levará a cabo un curso de formación básica en medio ambiente para a incorporación de novos voluntarios/as para a realización un ano máis do proxecto “Movéndonos polo río”.
As actividades da campaña seguirán a mesma liña que a edición pasada( accións formativas en centros educativos, rutas de sendeirismo didácticas) e estenderase ata finais de ano.
Os destinatarios da acción son persoas maiores de 16 anos, sensibles á problemática medioambiental, con capacidade de traballo en grupo e boas habilidades de comunicación para transmisión de valores. Ademais non será preciso ter coñecementos previos en medio ambiente, xa que a institución facilita ós voluntarios/as a formación necesaria para o correcto desenvolvemento da súa actividade.
O curso de “Formación básica en medio ambiente” terá lugar os días 15 e 22 de Setembro, cun total de 16 horas de duración, ás que se lle sumarán 14 horas de actividade voluntaria no proxecto en cuestión. Cunha metodoloxía que combina os contidos teóricos coa práctica traballaranse módulos que tratarán a relación e estratexia de Cruz Vermella e Medio ambiente, o río Tea e a Rede Natura 2000, medicións da calidade da auga, a flora e fauna do río Tea, o entorno paisaxístico e patrimonio etnográfico, entre outros.
O novo grupo de voluntarios/as, xunto co da edición pasada, serán os encargados de desenvolver as actividades enmarcadas dentro do proxecto “Movéndonos polo río”, que pretende facer protagonistas ós e ás cidadáns na conservación e mellora dos ríos. O obxectivo principal das actividades en Ponteareas é lograr a implicación da poboación na conservación dos ecosistemas fluviais mediante accións de sensibilización e divulgación. Humanidade Imparcialidade Neutralidade Independencia Voluntariado Unidade Universalidade
Durante a campaña, que se estenderá ó longo do 2012, realizaranse accións como: curso formativo, talleres de sensibilización primaria e secundaria, rutas de sendeirismo didácticas, retirada de lixo das ribeiras do río, medicións da calidade da auga…Ademais, se desexan obter mais información sobre as actividade que desenvolvemos ou o voluntariado, pode pórse en contacto:
ASEMBLEA LOCAL DE CRUZ VERMELLA EN PONTEAREAS
r/Oriente nº8. Centro Social (1ªplanta). Ponteareas
Tel: 986641794 | ponteareas@cruzroja.es | www.cruzroja.es

Publicado o 27 Ago 2012 en Medio Ambiente, Ponteareas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies